miércoles, 26 de septiembre de 2007

Informe!??

Na convocatoria da Comunidade de Madrid deste ano non aparece a opción do informe.
Nesta páxina podedes ver todo o relacionado coas oposicións celebradas en Madrid este ano.
http://www.madrid.org/edu_rrhh/proc_select/oposconvoca.html

O Real Decreto non establece a obrigatoriedade de ofertar a opción do informe.
"Las Administraciones educativas, en el caso del profesorado interino que estuviera en activo, conforme se determine en sus respectivas convocatorias, podrán sustituir este ejercicio por un informe, que a tal efecto y a instancias del aspirante elaboren dichas Administraciones,
en el que se valoren los conocimientos del aspirante acerca de la unidad didáctica." (RD 276/2007, BOE 53; 02/03/2007)

Cabe preguntarse por qué a nosa Comunidade quere favorecer deste xeito tan notorio aos interinos.

14 comentarios:

blancolexitimo dijo...

Unha opinion de cara o que poderia facer a AGOE:
Non ten sentido un enfrentamento cos interinos que teñen algo de razon cando falan de que os meritos deben valorarse.
O que a min me parece e que se debe de modificar este impresentable baremo. Chegaria con suprimir o informe que sustitue a defensa da Unidade Didactica e facer que os meritos pasasen do 40% o 25%.
Con esa modificacion os resultados serian aceptables.
Invitovos a ler o que publico no meu blog.
Saude

Ana Bande dijo...

Veño de coñecer a vosa iniciativa e anímovos a seguir adiante. Este tremenda inxustiza ten que ser reparada, estamos a piques de institucionalizar estes métodos masivos de ingreso na función pública de xeito totalmente aberrante. Moito ánimo e a seguir.
Hai pouco participei nun debate sobre este tema no blog de Marcos Valcárcel, podedes botar unha ollada aquí:
https://www.blogger.com/comment.g?blogID=23750033&postID=4440887312601976617&isPopup=true

Anónimo dijo...

La respuesta es evidente y quien no lo vea es que no lo quiere ver :
Estamos gobernados por dos partidos políticos con sindicato "adosado"(lease BNG-CIG,PSOE-UGT),los cuales velan por los intereses de quienes pagan religiosamente sus cuotas ,que evidentemente no son los opositores libres.
El PP por lo menos no estaba sometido a los dictados de ningun sindicato.

Anónimo dijo...

El tema del informe es lo más sangrante ,pero no lo único.
¿Acaso no es suficientemente denunciable una fase de concurso con un peso del 40% de la nota final?.¿Y la supresión de la parte práctica ? ,solo les faltó poner un examen tipo test.

Anónimo dijo...

Gustaríame saber cómo está constituída a vosa asociacíón e se vai facer algún movemento próximamente, porque este blog está un pouco paradiño.

Hai anos tamén se creou unha asociación en Vigo, e cando fun a apuntarme xa non existía: largárase coa subvención dada pola Xunta e nunca máis.

¿Isto vai en serio?

Anónimo dijo...

Creo que deberiades facer público no blog que é o que hai que facer para ser socio de AGOE e canto hai que pagar e para que, xa que a falta desa información perxudícanos a todos e fai desconfiar da propia asociación. Así pois, creo que sería tamén recomendable que, ademais de marca-los obxectivos, especificarades as actividades a realizar e a maneira de facerse máis visibles na comunidade autónoma. Sería a mellor forma de implica-la xente.

AGOE dijo...

Estamos pendentes de colgar un texto informativo completo en breve.
Mañá a última hora xa o teremos colgado.
Gracias polo consello

Unknown dijo...

O peor de todo esto é o silencio institucional que estamos a padecer. Vexo movilizacións dos sindicatos e dos partidos políticso por cuestións que teñen menor importancia.
Quería ver o que pasaría se os sindicatos non estivesen dacordo con este cambio na lei de acceso á función docente.
O que hai que facer é o que fixeron outras comunidades autónomas: non suprimir a proba práctica, facer todos os opositores as mesmas probas, é dicir, defensa e exposición da unidade didáctica e non contar os puntos de baremo na fase de oposición.
Os interinos non deberías precisar ningunha axuda adicional porque ao estar dando clases e levar tempo facéndoo,teñen maiores conocementos teóricos e prácticos sobre a práctica docente.

Anónimo dijo...

El problema es que los interinos (al menos una gran mayoría)no tienen conocimiento ni teórico ni práctico sobre la práctica docente, por eso necesitan que los sindicatos los respalden para conseguir este tipo de oposición.

Anónimo dijo...

A verdade é que eu, se fose interina, ata me ofendería, porque mirado desde outro punto, con este sistema é como chamarlles tontos ou vagos, con perdón, como se se crera dende a Consellería ou os sindicatos que por si sós non dan sacado a praza (ou non queren, entón hai que empurralos).

Unknown dijo...

Está claro que os interinos non entrarían en igualdade de condicións. Se mirades as oposicións de anos anteriores, veredes que case nunca entraban os interinos. A moiría deles e delas non saben programar.
Simplemente se beneficiaros durante anos dun sistema que lles permitía conservar a praza con só presentárense e agora xa lles regalan directamente unha praza.
A min, profesores con praza, recoñecéronme que o que estaba pasando era unha gran inxustiza que a quen máis perxudica é á calidade do ensino. Digo máis, durante a exposición da unidade didáctica o meu tribunal paroume para dicirme que tal e como estaba o sistema nunca tería ningunha opción de acadar praza a pesr de ser o mellor opositor do seu tribunal.

Anónimo dijo...

¿Para cuando una manifestación o concentración?
Transcurridos ya 3 meses desde la confirmación de la desverguenza Y falta de moral del gobierno que nos ha tocado sufrir ,y de la falta de conciencia de los sindicatos,no ha tenido lugar ni un acto público de reivindicación.
Hasta cuando esperaremos ?,Hasta que repitan la jugada un año más?que lo harán.
Tomar nota de LA CAÑADA REAL,en 48 horas ya todo el mundo los conoce y han conseguido su primera victoria(seguro que les hacian el mismo caso escribiendo una reclamación)
Es penoso,pero en este país solo se escucha a los que incordian y meten ruido por poca razón que tengan.

Anónimo dijo...

é necesaria unha movilización xa, unha demostración pública de todo o que nos perxundicaron e fixeron sufrir con con este novo sistema de concurso-concurso ó q nos deixaron apuntarnos ós libres só para recaudar taxas cando a descalificación xa a tíñamos dende o momento de entregar a solicitude. Moito ánimo coa vosa asociación, ver que alguén lle importa é un grande alivio para todos os afectados

Anónimo dijo...

Faltan 3 meses para as oposicións si,pero non as nosas,senón as do gran hipócrita de Zapatero e o seu goberno,donos dun "talante" do que xurdíu esa aberración que e a LOE,lei da que derivase a situación que estamos a sofrer.
Con unha pouca sorte ,se "suspenden",as nosas vindeiras oposicións poden ser as derradeiras que nos rouben,pois todos coñecemos que o PP prometeu deroga-la LOE en canto chegasen ao goberno.
Agora nós somos parte do"tribunal examinador" e non teremos outra oportunidade hasta dentro de catro anos.
Fagamos proselitismo na familia e amigos,que non acaden ningún voto de nós.
Agora tocalles suspender a eles .A todo porquiño lle chega o seu sanmartiño...........