viernes, 26 de octubre de 2007

Socios honorarios

Existe a opción de participar na asociación como socio honorario. Aquelas persoas que sen estar agora directamente afectadas polo inxusto sistema de oposicións queiran participar nas nosas asembleas e mobilizacións, poden facerse socios/as honorarios/as. Non se esixe unha cota para ser socio honorario, simplemente solicitalo. Se ademais a persoa interesada quere aportar algo de diñeiro á asociación, pode facelo coa cantidade que estime oportuno.

8 comentarios:

Anónimo dijo...

Faltan 3 meses para as oposicións si,pero non as nosas,senón as do gran hipócrita de Zapatero e o seu goberno,donos dun "talante" do que xurdíu esa aberración que e a LOE,lei da que derivase a situación que estamos a sofrer.
Con unha pouca sorte ,se "suspenden",as nosas vindeiras oposicións poden ser as derradeiras que nos rouben,pois todos coñecemos que o PP prometeu deroga-la LOE en canto chegasen ao goberno.
Agora nós somos parte do"tribunal examinador" e non teremos outra oportunidade hasta dentro de catro anos.
Fagamos proselitismo na familia e amigos,que non acaden ningún voto de nós.
Agora tocalles suspender a eles .A todo porquiño lle chega o seu sanmartiño...

Anónimo dijo...

Repitocho aquí, o PP pide a estabilidade dos interinos:

http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2007/03/04/5601075.shtml?idioma=galego

Así que votaos, fai o proselitismo que queiras e despois veremos. Eu mellor me quedo como estou que volver a entrar naqueles anos escuros do PP. Grazas.

Anónimo dijo...

http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca
/2007/03/04/5

Anónimo dijo...

En calquer caso , o PP non se atopa "vendido" aos sindicatos coma os outros ,e dubido moitísimo que chegaran tan lonxe .
Para rematar cos accidentes de tráfico podes quitarlle o carnet a metade da xente,pero tamen pondense facer as cousas de outra maneira.
O poder dos sindicatos neste goberno e tal ,que ata conseguiron que os exames de administrativo e subalterno sexan concurso-oposición a partires deste ano.
Para min os "anos escuros" son os vindeiros,pois ate agora estiven preto de aprobar en tres ocasións,unha delas con tres persoas maís para dúas prazas no meu tribunal,e o que é hoxe estou case decidido a abandoa-lo todo.
En todo caso ,eu o que defendo e non votarlles por que xa sería do xénero tonto.Eu ese día quedo na casa.

Anónimo dijo...

A ver pepero, eu son interino (o ano pasado fun substituto) como interino me interesa votar ao Partido Popular? Debo ter en conta que ese é o partido que esta fomentando o ensino privado en detrimento do público? e o que me rersulta moi raro é que o PP gobernou en Galicia 20 anos e eu coñezo varios interinos que levan haí desde hai 15 e vinte anos. Alguns deles en especialidades que nunca, nunca se teñen convocado. Hai que botalos para poñernos nos por diante?Hai que ser moi pepero e moi negrero para pensar que os traballadores carecen de todo tipo de dereitos.

Un saudo.

Unknown dijo...

Co meu nome por diante. É incrible como persoas poden sacar a relucir o debate político, ofendendo directamente a futuros socios da AGOE. A nova LOU ten uns contidos moito mais realistas que os de leis anteriores, en concordancia coas nosas necesidades e coas dos alumnos. Dubido da intencionalidade do PP fronte a educación, posto que a educación ten que ir da man do progreso e dos intereses dos cidadáns.
A verdade é que abriuse a porta á división política, cando supoño eu que esa non sería a intención dos que os que fundaron a asociación. Non creo que o señor Rajoy loite mais polos teus dereitos, e polos meus, os lideres políticos solo accederan a escoitar se nos unimos, independentemente dos intereses políticos.
Parece que o único importante da LOU somos nós.

Unknown dijo...

PIDO DESCULPAS ESTABA A FALAR DA LOE, NON DA LOU. UN PEQUENO DESPISTE.

uxia dijo...

Os profes de relixión conseguiron un contrato fixo da Consellería, e parece que nadie se entera.
Non tiveron que facer o informe, nin presentarse as opos, ni nada
Van poder participar en concursos de traslados, en ninguén os vai poder votar
As oposicións, con concurso oposición desde fai moito tempo, as de administrativos, subaltenos...