miércoles, 3 de octubre de 2007

Vacantes pendentes de cubrir??

Enviamos un comunicado da Asociación Galega de Opositores e Opositoras do Ensino, no que denunciamos que a día de hoxe hai moitas vacantes sen cubrir nos centros de ensino galegos (arredor de 150), das cales a metade se produciron no mes de setembro, e aínda non foron adxudicadas a ningún substituto ou substituta.

A Asociación Galega de Opositores e Opositoras do Ensino (AGOE), quere poñer en coñecemento da opinión pública que a día de hoxe existen prazas vacantes de profesorado en distintos centros de Galicia que están sen cubrir, nalgúns casos dende o inicio do curso académico.

Dende AGOE, pensamos que existe unha manipulación destas vacantes por parte da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pois non se entende que baixas producidas con anterioridade ao inicio de curso estean sen asignar e outras con data de hai dous días xa estean cubertas.

Isto, que se produce despois dun proceso de acceso á función pública docente no que se favoreceu claramente a unha parte dos opositores e opositoras, en detrimento doutros moitos, o que xa foi denunciado públicamente por AGOE, supón unha falta de seriedade e un desprezo, non só para a xente que está nas listaxes de substitucións, senón para o ensino público no seu conxunto, pois hai alumnos e alumnas na nosa comunidade autónoma que, nos quince días que van de curso, aínda non tiveron ningunha clase dalguhas asignaturas. Hai alumnado afectado en tódalas etapas educativas (infantil, primaria, secundaria e formación profesional).

7 comentarios:

Anónimo dijo...

Ademais, na lista de substitutos e interinos non se amosa a nota acadada por cada persoa, e estñan chamando á xente do posto 536, por poñer un exempo, e o posto 135 sen chamar. Que alguén mo explique.

Anónimo dijo...

Eso puede pasar si la persona está en varias listas; seguramente está haciendo una sustitución de otra especialidad.
Para asegurarte cosulta la sustitución y mira si el código que aparece es el de esa especialidad o el de otra

Anónimo dijo...

As razóns de que "salten" a algúns sustituto son debidas ás asignaturas afíns que eles teñen. Así, é normal que si existe unha vacante con afín de música esta lle sexa adxudicada a quen o fixo constar na solicitude de destiños provisionais.

Anónimo dijo...

A min pasoume. Déronme unha substitución de dúas semanas e os que estaban a continuación levaron varias interinidades.

Opera, explícoche eu outra opción, chámante, non colles, séguente mantendo no teu posto.... así ata que colles. Tamén pode ter que ver con algunhas afíns, pero hai moitos casos que é por esa razón.

Eu xa fun a Santiago protestar por escrito ao Subdirector Xeral. Iso é o que temos que facer todos. Están xogando co noso pan.

ana dijo...

estiven lendo por primeira vez os comentarios, e gustaríame expoñer a miña opinión sobre o que se está a poñer enriba da mesa.
Persoalmente, considero que o concurso-oposición é un dos procedementos selectivos recollidos pola función pública e ata ahí nada que obxetar. Paréceme xusto que dalguha maneira se recoñezan os méritos da xente, cunha boa elaboración do baremo de méritos podes incluso acadar persoal máis cualificado para desenvolver´o seu traballo. Agora ben: o límite é o 40% da nota, e paréceme máis que suficiente. Sorprendeume a miña ignorancia ó ler que o recurso ó informe figura contemplado na lei. Non o sabía e faime pensar se en tal caso o que habería que recorrir é a lei.
Non teño nada en contra dos interinos como colectivo, haberanos bos e malos, como en tódalas profesións. O que realmente me preocupa é que se firmen documentos conservando o posto de traballo a persoas que non se presentan ó proceso selectivo ou que son excluídas del. Preocúpame tamén sentirme dicir que qué mais ´da, que é así e que xa nos tocará estar dentro. Tocará, pero doume por aludida cando leo que a actitude que escollo se toma por hipocresía porque unha vez dentro aproveitarei as vantaxes. ¿Mal fai quen mal pensa? Non me permito xulgar a quen o pense así, pero coido que ninguén debería permitirse tampouco xulgarme a mín. Por eso, e por si poidera haber máis xente coma min, vou expor as miñas razóns para continuar protestando:
1- cando me presentei á convocatoria non tiña nin idea sobre a xestión que en educación se fai das listas, non sei se sabedes que o procedemento habitual é sacar as listas RESULTANTES DO ÚLTIMO PROCESO SELECTIVO, EN FUNCIÓN DA SÚA NOTA, COMPOSTA POLAS PORCENTAXES DE PROBAS E MÉRITOS. Eso esperaba e por eso me presentei. Agora que sei que non é así, continuarei protestando en tódolos casos que prevea a normativa e que eu coñeza.
2- Se ben é certo que a convocatoria dicía que se publicaría a nota global, na miña inxenuidade, pensei que bastaría con pedila despois persoalmente. Entre outras cousas, porque a lei de procedemento prevé que todo cidadán, nas súas relacións coa Admon, poida ter acceso ós expedientes nos que ten a condición de interesado.
3- A Admon traballa con diñeiro público, ésto é, de todos os cidadáns, e traballa precisamente para eles, suxeita a toda a normativa administrativa. Logo non existe a frase que leo de que total non nos van contestar. A nosa obriga é recurrir en plazo, e a deles respostar en prazo. Para o recurso de alzada, que coido é a situación na que nos atopamos bastantes, tres meses.
En fin, sólo quería deixar constancia de que para mín, a única maneira de acotar as redes clientelares é coñecer un pouco dos nosos dereitos, e de que estando dentro estaría tamén asociada pedindo a transparencia dos procedementos administrativos e recurrindo os acordos Admon-sindicatos que entendo abusivos.
Máis nada, só outra vez que non é hipocresía, senon unha maneira de estar no mundo. Continúo a estudiar, pero prefiro recurrir por escrito e guardar copia que ficar berrando contra o mundo na casa sen conseguir nada.
Pois eso, encantada, e que "xa, pero é así", non me convence, paréceme incluso máis perigoso que asumir e defender a irregularidade. E sobre todo, volver a dicir que non é hipocresía, é convencemento do camiño a seguir cando se quere cambiar algo, aínda que sexa pequeno.

Anónimo dijo...

¿Para cuando una manifestación o concentración?
Transcurridos ya 3 meses desde la confirmación de la desverguenza Y falta principios del gobierno que nos ha tocado sufrir ,y de la falta de conciencia de los sindicatos,no ha tenido lugar ni un acto público de reivindicación.
Hasta cuando esperaremos ?,Hasta que repitan la jugada un año más?que lo harán.
Tomar nota de LA CAÑADA REAL,en 48 horas ya todo el mundo los conoce y han conseguido su primera victoria(seguro que les hacian el mismo caso escribiendo una reclamación)
Es penoso,pero en este país solo se escucha a los que incordian y meten ruido por poca razón que tengan.

Anónimo dijo...

Faltan 3 meses para as oposicións si,pero non as nosas,senón as do gran hipócrita de Zapatero e o seu goberno,donos dun "talante" do que xurdíu esa aberración que e a LOE,lei da que derivase a situación que estamos a sofrer.
Con unha pouca sorte ,se "suspenden",as nosas vindeiras oposicións poden ser as derradeiras que nos rouben,pois todos coñecemos que o PP prometeu deroga-la LOE en canto chegasen ao goberno.
Agora nós somos parte do"tribunal examinador" e non teremos outra oportunidade hasta dentro de catro anos.
Fagamos proselitismo na familia e amigos,que non acaden ningún voto de nós.
Agora tocalles suspender a eles .A todo porquiño lle chega o seu sanmartiño.........