miércoles, 19 de septiembre de 2007

Comunicado Rolda de Prensa

A Asociación Galega de Opositores e Opositoras do Ensino formouse para loitar a prol dun proceso selectivo de acceso aos corpos de profesores/as e mestres/as que respecte os principios de igualdade, mérito e capacidade, características que deberían ser condición sine qua non de tal procedemento, algo que neste momento está moi lonxe da realidade.
Vimos de padecer un proceso que consta dunha fase de oposición e outra de concurso, como ocorre desde sempre, pero este ano hai unha serie de aspectos que se mudaron coa única pretensión de deixar ben atado o resultado final do mesmo. Dende a Consellería de Educación e O.U. afirmouse que as prazas que ofertaron este ano eran “para aproveitar o capital humano” que xa tiñan, en referencia aos interinos que levan moitos anos traballando sen ter acadado a praza. Como non podían facer unha oposición restrinxida, argallaron o actual sistema, co que conseguen o seu obxectivo, pero dun xeito encuberto. Fixeron unha sorte de oposición interna con figurantes externos, o que supón unha burla e un menosprezo dos esforzos de moitos opositores que non se atopaban dentro dos supostos que a Consellería se empeñou en favorecer. Para a Consellería somos simple recheo, e non entramos no que eles entenden por capital humano a aproveitar. Só fomos utilizados para darlle credibilidade a este proceso amañado.
Co actual sistema, algúns aspirantes ás prazas ofertadas non teñen a obriga de realizar as tres probas establecidas. Unha parte dos opositores e opositoras, quedan exentos da última proba, e sen facer o exame correspondente, obteñen un 10 nesa parte.
Deste xeito, non precisan aprobar as 2 probas restantes, entre as que está a única proba de coñecementos que se mantén con respecto a anos anteriores. De feito, incluso cun 0 nesta, poden obter a praza. Este grupo de opositores e opositoras privilexiados, teñen máis doado aprobar a oposición. Queda claro, polo tanto que non se pode dicir que este procedemento de acceso sexa igual para todos os aspirantes.
Así, a importancia de demostrar coñecementos e un desenvolvemento a priori axeitado da actividade docente redúcese á mínima expresión. Sería diferente se cando menos as probas de oposición fosen eliminatorias, como era habitual, o cal é lóxico, pois debería existir unha cualificación mínima na proba de coñecementos para continuar no proceso. A isto hai que engadirlle a supresión da parte práctica, que é básica en gran parte das materias, como son as de ciencias.
Queremos salientar e rexeitar tamén o escurantismo co que foi abordado o proceso, pois nin sequera se publicaron as cualificacións de cada parte, supoñemos que para non pór en evidencia as eivas do mesmo.
Outra irregularidade débese a que a Consellería pasou por riba dos tribunais para readmitir a xente que estaba excluída do proceso selectivo por non cumprir as condicións especificadas na convocatoria.
A pesares de todo isto, moitos opositores e opositoras podiamos ter a esperanza aínda quedando sen praza, pero nun bo posto no concurso-oposición deste ano, de sermos chamados para realizar substitucións o vindeiro curso, pero á hora de elaborar as listas de interinos e substitutos, estas non se refán coas cualificacións obtidas neste recente proceso selectivo, como recolle a lexislación, senón que pasan por diante aqueles que o pasado curso constituían ditas listaxes. Isto é así aínda que estas persoas teñan suspendido, e ata sacado 0 na oposición, ou incluso non se teñan presentado en Galicia ou na súa especialidade.
En canto a este último aspecto, vimos de presentar dúas reclamacións para que se elaboren as listaxes en función do resultado do proceso que acaba de ter lugar.
É importante que se entenda que A.G.O.E. non está en contra desa parte dos opositores privilexiados, senón en contra do sistema que xera estas desigualdades.
En síntese, pódese dicir que co actual método de acceso aos corpos docentes na administración pública, pódese ter praza cun 0 en coñecemento da materia a impartir, e quedar fóra aínda tendo un 10 nesa mesma proba, e mesmo cun 10 en todas as probas da oposición.
Queda claro pois, que este sistema claramente favorecedor dunha parte dos opositores non respecta os principios de igualdade, mérito e capacidade, que deberían presidir calquera proceso de acceso á función pública, e que o que se está a conseguir é rebaixar o nivel das probas, e por ende o do ensino público en xeral, ao deixar fóra a candidatos que demostraron estar mellor preparados que moitos dos que obtiveron praza.
Por todo o exposto, facemos un chamamento á sociedade en xeral para que nos brinde o seu apoio, e en particular a todas aquelas persoas que se teñan presentado as oposicións este ano ou anos anteriores, e tamén a quen pretenda facelo en vindeiras ocasións, para que loiten connosco por un acceso xusto á función pública docente. Para máis información poden escribir ao enderezo electrónico da asociación: agoeigualdade@gmail.com.

Ourense, 18 de setembro de 2007

13 comentarios:

Anónimo dijo...

moitos ánimos, parece que algúns opositores disfrutan pasando de todo pero non decaiades que a vosa laboura é moi importante
Grazas por mirar por un ensino mellor

Anónimo dijo...

Moitos ánimos!! Únome á vosa/nosa causa

Anónimo dijo...

Ánimo! Únome á vosa/nosa causa!

Anónimo dijo...

E moi lexítimo que protestedes pero ollo, hai que puntualizar:
-Decides:"Unha parte dos opositores e opositoras, quedan exentos da última proba, e sen facer o exame correspondente, obteñen un 10 nesa parte"
Primeiro, non quedan exentos e se lles da un 10, substituen a proba por a elaboración dunha UD e o do 10 hai que demostralo. PEro ahi douvos a razón, non tiñan que convalidar nada.
-En Galicia levabamos varios anos nos que o de concurso/oposición non existía na practica, era só oposición. Por fin se teñen en conta os méritos para obter praza, cousa que aplaudo.
-Este sistema estaba avisado dende hai mais dun ano, publicouse como se ia a puntuar, como ia ser o dos meritos, que non se publicaban notas parciais e toda a pesca, aínda así vos presentastes, si sabiades todo ¿por que vos presentades?.
De todas formas tranquilos, esto dñu dura 4 anos, despois voltaremos o método anterior onde o tempo traballado non conta para obter praza porque so aprobaran o número exacto de prazas como foi ata este ano en Galicia. Ahí supoño que non protestaredes nadiña.

Paco dijo...

A oposición foi unha vergoña, pero pretender refacer as listas en función desa vergoñenta oposición faivos perder toda a credibilidade. Deixade de chorar e madurade.

Paco dijo...

Por certo, díxome unha persona que non lla publicaches a mensaxe. Moi democrático.

Anónimo dijo...

De momento non dexei de publicar ningunha mensaxe, así que dudo moito que alguén dixese iso

Anónimo dijo...

son opositor e este ano aprobei as oposicións pero sen praza como tantos outros.
teño críticas que facerlle o sistema pero por outro lado penso que debemos deixar a hipocresía porque os que opositamos sabemos a que nos expoñemos polo tanto hai que ter paciencia e seguir traballando duro para conseguilo.`
por outro lado quería decirlle a xoan b. que si, os exentos da última proba teñen que facer unha unidade de 10 folios pero todos sen embargo levaron o máximo nesa parte e senón pregunta na consellería. aínda así sigo pensando que cando os que agora estamos desanimados teñamos esa mesma vantaxa ninguén a vai desaproveitar así que debemos, repito, deixarnos de hipocresías.
vou ler uns temiñas logo!!!!!!!!!!!!

Anónimo dijo...

Así me gusta Xoan B, saca peito, xa que ti debes ser dos que non era quen de sacar a sua plaza polo sistema existente, e regaláronche parte da nota.
Quedaches canso coa Unidade Didáctica, menudo esforzo. O da máxima nota nesa parte da proba e confeso por parte de algún membro dos tribunais, esta na prensa.
Mira os meritos, efectivamente, deben de ser tidos en conta, pero despois da fase da oposición, na fase de concurso. Non teñen nada que ver cos coñecementos e non me veñas coa leria da experienza.
Para chegar a iste sistema, entre outras cousas anduvéstedes chorando polas portas dos sindicatos ¿democráticos? e tivo que chegar un governo de ¿esquerdas? para polo en marcha.
Presentáronse por que eran sabedores que obterían maior nota que moitos de vos. Presentáronse para deixar as vergoñas o aire de boa parte do colectivo o que perteneces (dendo logo non todo). Presentáronse para que os pais e nais saiban en que mans están os seus fillos. Presentáronse para sacarlle as cores a partidos e sindicatos. E moitos presentáronse mais.
A forma insultante e despreciativa do teu último parrafo, califícate totalmente e fágome unha idea do que eres capaz de aportar a os teus alumnos.
Que o disfrutes.

Anónimo dijo...

Anonimo, hai 4 anos que saquei a plaza, pero os anos de opositor dinme conta que de concurso-oposición nada, so era oposición, así que por eso aplaudo o cambio.
Era inxusto que si habia 8 prazas, esas foran para 8 aprobados na oposición, quedando a fase de concurso como mero tramite que non servía para nada.Na mayoría das oposicións do estado faise concurso-oposición, e penso que en educación e moi importante darlle valor ó traballo diario xa que é un ha labor de día a día, non de unha proba.
O de valorar o meu traballo por un comentario, contrario ó que ti pensas, di moito de ti.

Anónimo dijo...

Xoan B. alégrome por ti que sacaras a oposición hai catro anos, mais esa posición, penso, non che da a razón na argumentación que expós.
Mirá a oposición e o sistema menos malo para cubrir plazas, si iste sistema que xa non e perfecto, contamínase con elementos alleos que fan que o dereito a igualdade sexa unha entelequia e que favorece a unha parte dos opositores, veñenme a cabeza un montón de adxetivos para calificar iste proceso, mais os que non se me veñen son os de xusto e igualiatario. Resúltame evidente que che costa chegar a os termos de "xustiza e igualdade".
Si hai 20 prazas, istas teñen que ser para as 20 mellores notas. Os que xa tiveron a sorte de estar traballando xa parten coa ventaxa da experienza, para unha programación, unha proba práctica que lle quitaron ??, etc.
Mais a pesar de ista experienza, podemos falar de preto de un cento de interinos que non foron nin tan siquera capaces de facer ben unha programación; iba nas bases como facelo, e era moi fácil; que non se preocupen a pesar de non cumprir o que pedía a convocatoria e ter un ¡¡0!! nesa parte, amañáronno para que non se caeran das listas e estar por didiante dos que si fixeron un esforzo grande e o ano seguinte a seguir montados no burriño. ¿E iste o teu concepto de xustiza e igualdade?
Se queres podemos falar de moitos iterinos que nas anteriores convocatorias asinaban o examen, permanecían na aula os 10 minutos de rigor, entregaban o seu examen en blanco, seguían nas listas e o ano seguinte aplícalle o do burriño.
Mira, sonoulles a flauta e regaláronlle a praza, estupendo para eles; pero que coa sua argumentación non insulten a un montón de xente moi preparada para ocupar esas prazas.
Si tan xusto foi ¿porque un montón dos teus compañeiros manifestaron, publicamente, a título persoal ou en colectivos a sua mais radical oposición?
Xoan B. góstame a confrontación dialéctica e por riba de todo son moi respetuoso coas opinións contrarias as minhas; por principios e por que sempre aprendo algo de elas. O meu comentario no e por non estar de acordo contigo, e polo tono que utilizas, non e precisamente o de un educador. Faime un favor e faicho a ti mesmo, lee duas ou tres veces o párrafo e reflexiona sobre él.
Grazas pola tua atención. José Luis.

Pepe de Ourense dijo...

feeq

Anónimo dijo...

Saúdos: con 8,3 de nota non acadei praza. De 83 prazas ofertadas, estou entre as 40 mellores notas pero os "beneficiados" digamos que "se colaron y me dejaron fuera". Non me valoraron ben o expediente (no contaron proxectos, non contaron cursos...). Tampouco sei por que non contan as traducións de libros (cando están publicadas publicadas) como publicacións, nin as teses de licenciatura, nin os premios extraordiarios de fin de carreira... (e si contan os de doutoramento).
Pasas toda unha vida estudando e preparándote pero, polo que se ve, a mellor opción era pasar de todo e anotars nas listas ao rematar a carreira e ir esperando a que, co tempo e a experiencia, vaias subindo e entrando.
Estou en recurso de alzada coa consellería. Dudo que me contesten.
Por certo, parabéns pola creación da asociación.
En fin.