martes, 9 de octubre de 2007

Solicitude de alta

Se queres formar parte de A.G.O.E., tes que cubrir a solicitude de alta que na que se indica o número de conta da asociación para aportar a cota (20 €).

É importante que conste o nome de quen ingresa,para que as contas estean claras e dispoñibles para todos os socios e socias.

A solicitude, xunto cunha copia do DNI, podes escaneala e enviala ao enderezo electrónico (agoeigualdade@gmail.com), ou ben enviala por correo ordinario/levala en persoa á oficina do noso representante legal:

MAZAIRA ABOGADOS
Rúa do progreso, nº 113, entlo. CP: 32003. Ourense (Ourense)

5 comentarios:

Anónimo dijo...

¿Para cuando una concentración o manifestación ?
Transcurridos ya 3 meses desde la confirmación de la falta de moral Y desverguenza del gobierno que nos ha tocado sufrir ,y de la falta de conciencia de los sindicatos,no ha tenido lugar ni un acto público de reivindicación.
Hasta cuando esperaremos ?,Hasta que repitan la jugada un año más?que lo harán.
Tomar nota de LA CAÑADA REAL,en 48 horas ya todo el mundo los conoce y han conseguido su primera victoria(seguro que les hacian el mismo caso escribiendo una reclamación)
Es penoso,pero en este país solo se escucha a los que incordian y meten ruido por poca razón que tengan.

Anónimo dijo...

Si esta asociación se desfai? onde irán parar eses cartos?.
E outra cousa. A algún dos membros da asociación estan a punto ou xa os chamaron nas listas de substitutos.Si lles ofrcen a opción do informe ¿negaranse a facelo?. Saudos.

Anónimo dijo...

Ola, son membro de AGOE. Por estatutos, que supoño que non tardarán en estar colgados no blog, se a asociación se desfai e están pagos todos os gastos que da súa actividade se deriven, como asociación sen ánimo de lucro que é, o diñeiro ten que ser doado a outra(s) asociación(s) sen ánimo de lucro, e en ningún caso poderá ser repartido entre os asociados.
Na asociación hai substitutos xa traballando, outros que non han tardar, e tamén algunha persoa que ten unha interinidade. Cómpre aclarar que unha cousa é estar en contra do sistema, e outra ben distinta, estar en contra das persoas. É dicir, no caso que mencionas, a asociación non quere que HAXA A OPCIÓN DO INFORME, pero ninguén ten dereito a dicirlle a outra persoa qué ten que facer.
De todos os xeitos non creo que este ano haxa forma de soster isto, xa que algúns non imos quedar calados, é moi grave o que pasou este ano e non pode volver ocorrer.

Anónimo dijo...

Faltan 3 meses para as oposicións si,pero non as nosas,senón as do gran hipócrita de Zapatero e o seu goberno,donos dun "talante" do que xurdíu esa aberración que e a LOE,lei da que derivase a situación que estamos a sofrer.
Con unha pouca sorte ,se "suspenden",as nosas vindeiras oposicións poden ser as derradeiras que nos rouben,pois todos coñecemos que o PP prometeu deroga-la LOE en canto chegasen ao goberno.
Agora nós somos parte do"tribunal examinador" e non teremos outra oportunidade hasta dentro de catro anos.
Fagamos proselitismo na familia e amigos,que non acaden ningún voto de nós.
Agora tocalles suspender a eles .A todo porquiño lle chega o seu sanmartiño......

Anónimo dijo...

Vaia campaña trapalleira que fas "oposicións en 3 meses". O PP cando saia non creo que cambien nada, por que andan pedindo estabilidade para os interinos: http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2007/03/04/5601075.shtml?idioma=galego
Ti verás.