viernes, 21 de septiembre de 2007

Fwd: "ánimo e adiante rapaces que hai moita xente dentro con vós."

Este é un dos mails de apoio que nos chegou:
"Estimadas e estimados: moito ánimo e adiante que hai moita xente chea desa situación que padecemos dende fai décadas. Eu son profe de Secundaria, aprobei nas do 92 que foran, por fin no 97 así que estou con vós. Supoño que vistedes o artigo de Ramona Fuentes Arias no Faro de Vigo do mércores, semella que agora, por fin se vai xerar un movemento. Só unhas suxerencias para que consolidedes a mobilización e a organización:
1. facede moito barullo mediático e aprendede dos interinos que dende o pasado abril manifestáronse todos os xoves (e sempre os mesmos) diante da Xunta en S. Caetano. Esto é moi visible e sairá na prensa.
2. Apelade ás asociacións de pais que xa vai sendo hora de que se decaten da competencia do profesorado que imparte docencia aos seus fillos.
3. Ningún partido se decata de que sodes milleiros de persoas contando ás vosas familias?. Sodes un colectivo que non está considerado como traballador, daquela os sindicatos pasan de vos, mais nestas coxunturas prelectorais deberiades procurar máis presenza social para que vos tivesen en conta: por que non establecen xa 2 vías de concurso para os interinos e de oposición libre e en absoluta igualdade de condicións para o resto das persoas.
O dito, ánimo e adiante que está en xogo o futuro profesional de toda unha xeración."

6 comentarios:

Anónimo dijo...

Totalmente dacordo, púxoseme a pel de galiña
A facer ruido daquela...
Eu me apunto!

palea ou rebenta dijo...

Creo que é fundamental ter en conta tamén ó alumnado universitario, que logo de acabar verase nesta mesma situación.

Ademais, tal como di o mail, temos que aproveitar a coxuntura preelectoral, así penso que chamar a atención sobre o voto de castigo non sería unha mala idea (sen sinalar ningún partido político en concreto)

Anónimo dijo...

MOi ben Jose carlos: a contactar cos de 5º de carreiras (3º en dipolomaturas) e que o profesorado universitario se manifeste e se molle, sobre todo os ASOCIADOS que comparten docencia en secundaria e na Universidade,
a facer unha mesa de debate no LIceo de Ourense ou en Santiago cun deses profes, representantes da Consellería e dos partidos políticos
A abstención das FAMILIAS AFECTADAS pode ser unha medida moi eficaz

Anónimo dijo...

Coincido en la necesidad de publicidad .Casi nadie se ha enterado de lo ocurrido y su verdadero alcance,en gran medida por el silencio de los medios (por ejemplo en la voz de galicia se dignaron a escribir un artículo despues de 2 meses de aparición de denuncias continuas en la sección de cartas al director)

¿A alguien se le ha ocurrido imprimir y fotocopiar folletos informativos y repartirlos y/o colocarlos en las facultades más afectadas de la universidad de su ciudad?
Por que yo ya lo acabo de hacer en la presentacion del CAP con la intención de repetir la siembra (seguro que los retiran de los corchos)y para repartirlos tambien por las filologías.
No hace falta ni mucho tiempo ni mucho dinero(200 copias 4 euros).

Anónimo dijo...

Apoyo la referencia al voto de castigo,ahi es donde les duele y lo único que les importa.
no olvidemos que la causa de todo esto es la LOE de ZP ,que es la que establece este sistema.
Una ley de cuya aplicación hemos sido finalmente el colectivo más perjudicado

Anónimo dijo...

Faltan 3 meses para as oposicións si,pero non as nosas,senón as do gran hipócrita de Zapatero e o seu goberno,donos dun "talante" do que xurdíu esa aberración que e a LOE,lei da que derivase a situación que estamos a sofrer.
Con unha pouca sorte ,se "suspenden",as nosas vindeiras oposicións poden ser as derradeiras que nos rouben,pois todos coñecemos que o PP prometeu deroga-la LOE en canto chegasen ao goberno.
Agora nós somos parte do"tribunal examinador" e non teremos outra oportunidade hasta dentro de catro anos.
Fagamos proselitismo na familia e amigos,que non acaden ningún voto de nós.
Agora tocalles suspender a eles .A todo porquiño lle chega o seu sanmartiño**