jueves, 13 de marzo de 2008

COMUNICADO DA AGOE ANTE AS ACUSACIÓNS QUE SE ESTÁN A VERTER SOBRE A ASOCIACIÓN

Dende a Asociación Galega de Opositores e Opositoras do Ensino queremos manifestar que non impugnamos a listaxe de aprobados do ano pasado porque tivesemos unha "pataleta", nin porque lle quixeramos quitar a praza a ninguén. E quen di isto é que non entende cómo funcionan as cousas, e tampouco sabe que nun país democrático as persoas teñen armas contra os abusos da administración, co cal é lóxico que as usen. Isto non é habitual en Galicia, pero é de agradecer que se produza.

Cando unha persoa vive unha inxustiza ten dúas opcións, unha, "pasar do tema", o que sería neste caso ver se se entra no sistema e se aproveita un tamén del; ou ben, facer todo o que estea na súa man para que iso non se repita.


Ninguén sabía a estas alturas do ano pasado as verdadeiras consecuencias que ía ter este novo sistema, sabiamos todos e todas que se facía isto para meter ao maior número de interinos posible, pero ninguén contaba que o resultado fose este, sobre todo en secundaria, como nos confesaron incluso representantes de sindicatos. E xa non polo sistema en si, senón ademais polas presións que recibiron os membros dos tribunais para rebaixar o aprobado, para que chegara a inmensa maioría da xente á fase de concurso, co cal os que tiñamos poucos puntos non podiamos facer nada.


A administración debe de estar encantada, planea unha cafrada de sistema e consique enfrontar a opositores que, como ben dixo alguén xa no blog, serán compañeiros no futuro, cando O VERDADEIRO CULPABLE É A PROPIA ADMINISTRACIÓN. Se alguén se queda sen praza ao final do proceso iniciado pola asociación co devandito recurso contra a listaxe de aprobados, quen debe responder é a Consellería de Educación e O.U., xa que se os tribunais nos dan a razón será porque se demostre realmente que se cometeron as irregularidades que vén denunciando a AGOE.


Xa por último, gustaríanos que se soubera que o noso obxectivo non é botar abaixo todo o que se poida pola vía legal, aínda que non dubidamos, nin dubidaremos en empregala, senón tentar falar antes cos sectores implicados para tentar esgotar a vía da negociación. Por isto estamos a ter contactos con persoal da Consellería, que aínda non finalizaron, e tamén nos reunimos xa cos sindicatos. O que se pretende é chegar a un acordo, para non ter que prexudicar aos milleiros de opositores e opositoras que están (estamos) preparando os procesos selectivos deste ano.


Non queremos que se tome isto como un conflicto persoal pois, aínda que afecte a intereses de persoas, non o é. Igual que nós respectamos que o colectivo que sae beneficiado con este sistema, aínda que sexa inxusto, o defenda, agardamos o mesmo respecto de cara ás accións que como asociación levemos a cabo para defender un acceso á función pública docente en pé de igualdade.

44 comentarios:

Anónimo dijo...

totalmente de acordo OLE, OLE e OLE

Anónimo dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
Anónimo dijo...

Y qué pretendes decirnos con eso?
En qué afectan a AGOE las distintas afiliciaciones políticas de sus asociados?

Parece que no queréis enteraros: luchamos contra un sistema de acceso a la función pública aberrante, con independencia de filias o fobias políticas individuales.

Estaría bien que quien hace públicos esos datos tuviese la decencia de firmar con nombre y apellidos.

Después os quejáis de la fama que tenéis... En fin, sin palabras.

Anónimo dijo...

E chamádeslle compañeira a esta persoa? Non lle queda grande ese calificativo.
Por certo esta persoa está traballando de substituta, renunciará á puntuación que lle den? se ten dereito ao informe non se acollerá a el?

Anónimo dijo...

Creo que es recomendable utilizar el blog de un modo más constructivo, ya que, como dice AGOE, la asociación no se creo en ningún caso para enfrentar a opositores que acabarán siendo compañeros. Incluso creo que la asociación, previa consulta con los asociados, entre los que me incluyo, debería eliminar comentarios que no aporten nada.
Sirva de ejemplo de lo que en mi modesta opinión se debería suprimir, el segundo comentario.

Por otro lado, me gustaría saber en que comunidades autónomas se renuevan las listas y en cuales no se presenta el famoso informe.

Gracias

Anónimo dijo...

En respuesta a "Coñecedes a esta compañeira?" Sí, y si tú consultaras la lista de integrantes de la opo, conocerías a esa y al resto. Pública, ¿recuerdas?, no como las notas.

¿Para cuándo una discusión constructiva y no demagógica?
¿Interfiere la filiación política de alguien en custiones de legalidad, o la legalidad se construye en el parlamento, integrado por grupos políticos diferentes?
Si das clase, ¿a tus alumnos los enseñas a jugar tan bajo? Patético, ¿tú no tienes datos?

Anónimo dijo...

...en el post anterior, donde dice opo, cambiar por asociación.

Natalia dijo...

La afiliación política de los miembros de la asociación, pertenece al ámbito privado de cada uno.
Cualquier comentario que se realice sobre la vida privada de los miembros de la directiva o de la asociación será eliminado.

Alberto dijo...

CENSURA
Na miña terra a esto chámase CENSURA.
Donde reside o problema de que sepamos a filiación polítoca dunha representante destacada de AGOE?

Cando por outra banda si se presentou nunhas listas electorais, amén doutros cargos noutras asociacións e colectivos de marcado carácter político.

Dame igual a ideoloxía das persoas, porque as persoas están por enriba de todas a ideoloxías, pero faime sospeitar que existe un certo manexo (engano), cando se elimina dun foro público unha información relativa a un dos seus máis destacados e públicos membros, e se di que é información persoal e que non pode sair a lus.

Alberto dijo...

y...?

Eva dijo...

Alberto, non creo que sexa este o sitio para publicar información persoal (eu así a considero, posto que era completamente allea a asociación) sobre os asociados ou a directiva de AGOE, sexa esta cal sexa.

AGOE non amosou en ningún momento vinculación con partido político algún, polo tanto información como a que se facilitaba nese comentario sobra.

E por aproveitar as túas palabras e retomar o que nos preocupa aos membros de AGOE, que é do que teriamos que falar aquí:

ENGANO é o concurso-oposición que nos espera se non loitamos por intentar cambiar a convocatoria,

e CENSURA, a que impón a Admón co oscurantismo do que ven facendo gala.

Diso é do que nos teriamos que preocupar e non dos comentarios lamentables que algúns van deixando aquí.

Unknown dijo...

Ola, chámome Diego e son socio de AGOE. Aproveito este espazo para expresar a miña indignación ante as ameazas sufridas polos membros da asociación por parte dalgún/ha absolut@ cobarde. A este individuo diríalle que eu sí son de Ourense pero non son de inglés, crack, que es un crack, son de FOL, e podes buscarme se queres.Pode ser que o che pase é que teñas un posto de traballo que non mereces, e aínda crerás que estás no teu dereito. Eu aprobarei e terei a praza, máis tarde ou máis cedo e ti non poderás facer nada para evitalo.
Esa actitude mafiosa de "se quién eres y dónde vives" é patética. Xa mo ten dito algún yonki que quería o meu diñeiro e marchou sen nada.
Vas mal por aí, moi mal.

Unknown dijo...

Gustaríame tamén que todos eses anónimos que escriben só para insultar,provocar ou sementar enfrontamento tivesen a mínima decencia de dicir quen son, por iso de que non pareza que se esconden nas saias da mamá " que me quitan mi plaza mami, y este año saqué un 1 en el examen, joooo".Todas as opinións son respectabeis sempre e cando non falten á verdade, e por iso me permito adicarlle esa pequena licencia sarcástica a quen non ten un mínimo de educación.Esta asociación non se creou para romper familias nin para facer outras barbaridades que algúns e algunhas escriben neste blog. Creouse porque o actual sistema non é xusto , e calquera persoa cun mínimo de decencia saberá que se obtén algo de forma inxusta debería devolvelo. Pero é que Agoe nin sequera pretende quitarlle nad aa ninguén. O único que pretendemos é que nos deixen optar con xustiza e igualdade a unha praza de traballo, e iso non é facerlle mal a ninguén. E todas as calumnias dos anónimos e dos sindicatos non fan nada máis que demostrar que temos a razón. Así que deixádevos xa de ameazas e plantexade un debate construtivo.

Assircópatas dijo...

hola querido diego. dubido moito que tenhas nem sequera aprovado a primária para pensar nas oposicións. Está bem como bem que dixo a tua profesora hai que ser utópico. Creo que a razóm pola que te meteche snesta asociación a que eu tampouco pertenzo e para facer amigos, hai moitas paxinas de contactos, só tes que buscalas no google. Grazas, en normativo, diego

Unknown dijo...

E xa que estamos,a persoa que publicou datos dunha persoa membro da organización, simplemente non en dereito a facelo. Esta organización non está asociada con ningún partido político, e o que puxo os datos debería pensar qué dous partidos están agora na Xunta e verá que cometeu un erro facendo o que fixo, porque sería un sen sentido que unha organización asociada dalgún xeito a algún destes partidos se enfrontase a este goberno. Neno, non es moi listo ,e ademais non tes nin un pouco de respeto polos demais. Que che parece se alguén busca datos da túa vida e os pon nun blog á vista de todo o mundo. Vaiche ser hora de ir medrando.Agardo que sexas mellor profesor ca persoa, ou que isto fora un lapso e que non o repitas.

Unknown dijo...

Por certo, ao anónimo 18 de marzo de 2008 13:48,sí é unha compañeira, e é unha substituta porque sacando a notaza que sacou quedou sen praza por culpa deste sistema que supoño te beneficia, que senón sería unha persoa coa súa praza, que para iso se esforzou e pasou as 3 probas,non dúas e unha vai de balde, sen favor ningún. E se saca puntos este ano, ben os merece, que o que tería que ter é unha praza e non unha sustitución se este sistema non fose unha enorme trampa que beneficia a uns e impide o acceso ao traballo a outros coa connivencia dos que din defender aos traballadores(CIGA, UXT, CCOO,STEG,ANPE(...)(qué risa tía Luisa).A información desta persoa foi borrada deste blog porque non ten nada que ver coa función que desenvolve nesta organización, non foi posta por ela, nin autorizada e pertence ao ámbito persoal.E polo tanto non é censura senón protección de datos(sabedes, hai unha lei que se encarga diso e non é censura).Pero algún ou algunha cobarde pensou que podía sacar tallada disto. Pois vas listo Calixto.Haberá que tomalo con humor, aínda sendo algo tan serio.
E repito que esta asociación non se fixo para enfrontar a opositores senón para loitar contra un sistema totalmente inxusto, repito, totalmente inxusto.
E cónstame que hai interinos que están dando clase que son persoas normais e con dous dedos de frente que recoñecen a súa situación de privilexio co actual sistema. Así que igual non estamos tan tolos.
Boas noites e ata mañá.

Unknown dijo...

Ai As que pena das. Non superei a primaria. Bueno pequeno, aos 25 anos era Licenciado en empresariais e en Ciencias Económicas, e despois fun contable dun grupo de empresas. Agora dou clase e non che estou para perder o tempo contigo.Fun un dos primeiros socios de AGOE. Amig@s sóbranme.

Unknown dijo...

E se te sentes "bem" escribindo en reintegrado ou lusista, como gostes, paréceme moi "ben".

Unknown dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Marcos dijo...

Vale, e voltando ao tema da mensaxe, dou outro OLE á asociación, por deixar esto ben claro. A culpa é da administración, e non pretendemos ir contra ninguén, senón reclamar a xustiza que merecemos.

Os que formamos esta asociación somo-los que non temos medo a enfrontarnos nunha oposición xusta, somo-los que confiamos na nosa capacidade e no noso mérito, somo-los que non nos agachamos para decir que o actual proceso non é xusto.
E tanto confiamos, que non queremos que se nos regale nada, mais tampouco que se nos quite.

Marcos dijo...

E con respecto a este tipo de comentarios ameazantes, do tipo "se donde vives" "me quedé con tu cara", parécenme infantiles, desesperados e patéticos. Directamente provócanme pena.
Quen se sinta perxudicado, pode faguer o mesmo ca nós e acudir á xustiza, pero que non pase a vergonza de dicir cousas así, home, por favor!...

Unknown dijo...

Conseguí plaza en las oposiciones del año pasado con una miseria de baremo (nunca fui interina). Evidentemente, no sólo lo hice bien, sino que, sobre todo, tuve mucha suerte con lo mal que lo hicieron algunos interinos.

Ahora me encuentro con que, gracias al sistema injusto que padecí (y padezco, porque de número 1 de opo me quedé de última tras el concurso, lo cual me afectó para optar a destino), mi plaza está en peligro... Lo mío es mala suerte, pero, desde luego, TENÉIS TODA LA RAZÓN.

Aún así, espero que no os carguéis todo el procedimiento y miréis caso por caso, que como el mío muchos no habrá, pero algunos seremos.

Total, que moralmente os apoyo al cien por cien, pero no me ha quedado más remedio que ir a un sindicato para que me represente en el recurso que habéis iniciado.
Así que, desde la ambivalencia, os deseo mucha suerte y, sobre todo, que consigais que la próxima convocatoria no sea tan injusta.

elisa dijo...

Hola
estoy asociada a AGOE, suscribo tu opinión, la mia es la misma. Me asocié pensando en el procedimientio y en los problemas que tiene, así como en las personas que gracias a esos agujeros tenían una plaza. Esto quiere decir que, si hubiese sido yo la que llevase el asunto, lo 1º que hubiese pedido judicialmente es la publicidad de las notas desglosadas para pedir después acceso a los expedientes que no me cuadran (dígase: quiero saber la nota de esta gente en el informe, o: quiero saber en qué plazo estas personas entregan la documentación que acredita su presencia en otro procedimiento selectivo que los exime de estar en éste sin perder su sitio en la lista). Evidentemente, a lo primero que hubiese presentado recurso es al artículo de la LOE que recoge la posibilidad de informe en lugar de examen, y a la gestión de listas.
El hecho es que yo no me ocupé de esto y debo agradecer que otras personas lo hayan hecho por mí.
Ahora bien, lo que a mí me sigue interesando son las fisuras "alegales" del procedimiento, así que cuando consiga entender qué se recurre, qué consecuencias tiene y con qué intención, decidiré si los objetivos de la asociación coinciden con los míos y debo seguir asociada.
Porque yo lo que quiero es un procedimiento selectivo regular. Enhorabuena por tu plaza!!. Si lo mismo que pienso yo, hay más gente en la asociación que lo piensa, no te preocupes, lo que hay que eliminar son los agujeros de la opo y los resultados perversos, que no son expedientes como el tuyo.
Un saludo

Claudia dijo...

Hola a todos: acabo de leer todo lo que comentáis. Soy una opositora del año pasado (en desacuerdo total con el sistema de acceso; pero no me queda otra que volver a presentarme).

Quería preguntaros si me podéis decir si se van a tomar medidas sobre este sistema. ¿Se van a impugnar las opos? ¿Se plantea otra cosa?

Me ha parecido entender que se han impugnado las notas del año pasado: ¿es eso posible? ¿qué va a pasar este año? ¿las listas continúan siendo cerradas o no?

Bueno, os agradecería que me comentéis algo sobre esto. Más que nada por saber a qué atenerme, ya que no sé si presentarme en Galicia o en otro sitio ( por ejemplo, en Castilla-León, donde creo que el interino también hace el tercer examen).

Gracias anticipadas.

grrrrr... dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
grrrrr... dijo...

No tengo ni idea de lo que pasará este año aquí. Estamos pendientes de ver lo que ocurre con el recurso y de que salga la convocatoria.

Por el bien de todos nosotros, espero que se consigan cambios significativos este año, porque si no es así, tendremos nuestro futuro hipotecado por cuatro años más.

En cuanto a lo de presentarse en otras comunidades, más de lo mismo: las convocatorias publicadas (excepto la de Madrid) son calcadas a la que padecimos en Galicia el año pasado. Pretenden jugar con el efecto sorpresa (probablemente la gente desconozca lo que esas convocatorias esconden, como nos pasó a nosotros) para llevar a cabo procesos que vulneran derechos elementales al amparo de una legislación inconstitucional.

Ojalá se monte una buena en todo el estado, que esto se haga público y que más de uno tenga que salir (en vez de entrar) por la puerta de atrás.

Claudia dijo...

Pues sí. La movida a nivel estatal va a ser dantesca.

¿Sabéis si hay alguna posibilidad por pequeña que sea de que las listas no sean cerradas? El hecho de que no sean abiertas perjudica muchísimo a los que no estamos trabajando.

Por favor, si alguien sabe algo agradecería que me informaráis.

Anónimo dijo...

Hola Eva, te puedo preguntar a que te refieres con lo de alguno "tenga que salir por la puerta de atrás"

Claudia dijo...

Me imagino que se referirá a algún que otro político (más sindicatos).

Pero, ¿qué pasa con las listas? ¿Van a continuar siendo CERRADAS?

Xose Antón dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Eva dijo...

Pepito, Claudia se ha adelantado y lo ha aclarado por mí. Me refería exactamente a eso: a la gente que ha hecho posible que tengamos semejante sistema de acceso, es decir, políticos y sindicatos.

En cuanto a lo de las listas, Claudia, la situación es sangrante, al menos en mi especialidad: entramos todos por detrás del número 147, último sustito que trabajó en el curso 2006-2007. Total, que la gente que tiene un puesto 148, 149, etc. ha sacado notas muy buenas en el pasado concurso-oposición, y, sin embargo, todavía están esperando a que los llamen!!! Y viendo como va la cosa, dudo que toque este año.
Mientras, gente a la que le correspondería un puesto 300 y 400 lleva trabajando tan ricamente todo el curso.

Dicen que quieren acabar con el problema de los interinos, pero con el sistema de listas cerradas lo único que hacen es perpetuarlo.

No puedo responder a tu pregunta de si se va a conseguir algo. AGOE lo lleva en sus reivindicaciones, pero queda saber cuáles de esas reivindicaciones podrán salir adelante. De todos modos, si quieres información más detallada y precisa, te aconsejaría que les escribieses al correo electrónico que figura en el blog.

Claudia dijo...

Lo harén en cuanto tenga tiempo. Y te comentaré. Estoy muy liada con la programación.

MY CLASS BLOG-B2.2 dijo...

No sé si visteis el borrador de la convocatoria de este año...es igual al anterior!

Unknown dijo...

buuufff! pedaso de movimiento que estades a facer, ten unha gran repercusión, tanto que a Administración está temblando e por iso xa saca un borrador que é igual a do ano pasado ja ja ja influíchedes moitísimo en todo, aínda peor en canto ao informe pon que agora tes que ser interino desde Outubro, xa non vale nin cos 6 meses que eran o ano pasado. Credes que estades a conseguir algo? despertade e poñédevos a estudiar que vindes moi fresquiños da carreira e pensades que berrando o ides a ter todo, pois hai que machacar e machacar como o levamos facendo todos, que eu tampouco aprobei con plaza (o examen sí) e non ando con caralladas. Os que aprobaron pois sorte para eles pero esto está sendo inxusto dende fai moito tempo, non o foi só o ano pasado. Para empezar son exámenes subxetivos que depende de quen o corrixa e si lle gusta o teu tema ou non, si lle gusta a pinta que levas cando vas expoñer ou non lle gusta por que levas un piercing. Tiñan que ser exámenes obxectivos, coma os test, si eu marco A e esa é a resposta correta pois ninguén me pode decir que está mal. Estes exámenes son unha lotería, fórono sempre, non só este ano. Vin xente de tribunal que non tiña nin idea do que lle estabas a falar e eu cunha exposición brillante. Había moito que discutir e non só dos aprobados deste ano. Logo dicídeslle que non é nada persoal, como queredes que o tomen. Eu teño amigos que aprobaron, e alégrome por eles, pero eu estou jodido aquí outra ves chapando e creo que a vosa postura o único que fai e jodernos a todos e mosquear a Administración, aos mestres que serán o noso tribunal, a sindicatos e de todo. E despóis vese q nin estades dacordo entre vos mesmos, poñedes: "bueno que, manifestámonos ou non?, que a AGOE diga algo, os encerros tamén molan......" molan? que é eso de molan? de que estades a falar, de salir de marcha ou de reivindicar algo? facedeo con seriedade home! e non digades que ides en contra de ninguén en concreto, cando estades a metervos con xente que estivo currando, en qué empresa che teñen anos e anos collendo, votando ao paro, collendo votando ao paro, sen dereitos a nada, sen facerte fixo, eso tamén jode moito eh! que tes que decir que non a outros traballos e andar 15 días aquí, 20 aló, 1 mes na casa e así seguido, en 3 años, ter só cotizado 1 ano e 2 meses, e eso puntúame 0'7, pois vaia, 3 anos para 0'7........ en fin... loitade con xeito e pensade as cousiñas antes de abrila boca.

Unknown dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Unknown dijo...

Pode que a que teña que pechar a boca sexas ti, que así polo menos evitarías ir dicindo parvadas por aí. Es da AGOE? Obrigoute alguén a algo? Pois entón con qué dereito te cres para dicirnos o que debemos ou non facer. Se queremos protestar ante un sistema inxusto farémolo se pedir permiso a resignados ou contemplativos.Non nos metemos con ninguén. Pedimos xustiza. E non tes dereito ningún a entrar neste foro fachendeando e ríndote do que conseguimos ou non.
Compra unhas alzas, ou medra.

grrrrr... dijo...

Ariadna, unha preguntiña... Ti non serás, por casualidade, das que o ano pasado tivo dereito ao informe e este queda sen el, non? É por buscarlle unha explicación ao teu comentario, que atribúo á carraxe de te ver fóra do grupiño dos "elixidos"... E o mellor é que non se che ocorre outra cousa que botarnos a nós a culpa, dende logo, vexo que algún/ha padece de miopía galopante.

grrrrr... dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Unknown dijo...

Dame a impresión de que aquí si non es socio só se pode vir a dicir alagos, si entra un que non é socio e vos di algo bonito, pois todos dacordo, pero si ven un que non é socio, aínda que sexa tamén opositor pois non ten dereito a entrar no blog: palabras explícitas de diego.
Admito que o que dixen non foi con boas palabras e como non son cazurra nin demasiado orgullosa pido desculpas. Pero eu sigo opinando que a vosa postura me perxudica como opositor. Tamén sigo mantendo que por mor de moitos comentarios quítavos seriedade, non vos poñedes dacordo, uns din veña fagamos encerro que mola, que refagan as listas de interinos cada ano, outros que non as refagan que me quitan o posto que fun alcanzo. Eu opino que sí deberían refacelas, xa que sempre me quedaba no último examen aprobando os demais con nota e este ano non tiven praza pero sí aprobei.
Marta, non me mandes estudiar máis xq non podo, sí leras atentamente a miña mensaxe anterior, e non te quedaras só co que che da a gana, verías que estou farta de estudiar, de pagar academia ano tras ano, comprar libros, fotocopias, teño a biblioteca de enfrente a dereito máis pisada que pouco, deixei de sair para rendir pola fin de semana, non teño vida social por ter q estudiar e o ano pasado hasta cheguei a estar a lexatin, asíq non es quen a decirme nada, e non quero un posto fixo para toda a vida pola cara, creo que quedou claro. Ah!! e sí traballei na privada e tiña que currar moitas máis horas que na pública, traballei de camarera mentres fixen a licenciatura, para poder costear os meus estudos xq quedei sen pai, traballei como caixeira de supermercado e como "niñera", asi que non me toques a moral.
eva o ano pasado tiven informe sí, xq levaba máis de 6 meses de substituta e este ano déronme interinidade, pero xq outros que estaban antes que min non pediron sitios lonxe e eu sí. Pero sí teño carraxe de aprobar e non ter praza, igual ca vós, pero non protesto contra os aprobados, coma víchedes protesto xq os tribunais (algúns) non están preparados, xq un está expoñendo e eles lendo o periodico, xq as probas non son obxectivas, etc, e tiven máis puntos pola outra licenciatura, o master e cursos, que pola experiencia que coma dixen tiven 0'7 despois de traballar 3 cursos, pero só tiña 1 ano cotizado. Pero contra todo eso que puxen non decides nada, só me atacades a min.
En fin, que non se chega a ningún sitio falando con vós.
Se un non opina como vós que cale a boca.
Vin noutra mensaxe que alguén preguntaba si renunciariades ao aprobado, ou aos puntos por tempo traballado e contestáronlle que non e que era socia da AGOE, en fin....

Unknown dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Unknown dijo...

"non tes dereito ningún a entrar neste foro fachendeando e ríndote do que conseguimos ou non."

Isto foi exactamente o que escribín, e creo que está claro o que quero dicir: que se vas entrar para rirte de nós excusas facelo, e se vas entrar para, respetuosamente, expoñer os teus argumentos, serás benvida, ainda pensando de xeito distinto.
Porque para iso é un foro, para conversar, e non para ridiculizar ou mofarse de ninguén.
Estas son as túas perlas:
"buuufff! pedaso de movimiento que estades a facer"
"a Administración está temblando e por iso xa saca un borrador que é igual a do ano pasado ja ja ja "
,e seguimos para bingo:
"Credes que estades a conseguir algo? despertade e poñédevos a estudiar"
"facedeo con seriedade home!"
"non ando con caralladas"
"pensade as cousiñas antes de abrila boca"
, e toda a mensaxe polo estilo. Ti mesma te retrataches.
E despois falas da cantidade de esforzo que tes que facer como se foras a única no mundo que se sacrifica. Mira, eu non falo por min, que son bastante relaxado para estudar, pero como ti haberá miles de persoas, co cal ese esforzo non che da dereito a rirte de AGOE. Eu cando comecei a preparalas facía enquisas do CIS, traballaba como contable, e tamén como pinchadiscos. Simultaneaba os tres traballos, e non me da por entrar en foros de xente coa que non estou dacordo para simplemente meterme con eles.
Reláxate un pouco, que a vida é moi curta, e xa verás como todo vai mellor.
Agardo que non che moleste esta mensaxe. Creo que nos podemos entender sen faltarnos ao respeto.

grrrrr... dijo...

Ariadna, hai algo que non consigo entender do teu discurso. Dis que estás de acordo en que se refagan as listaxes de substitutos e interinos cada ano de oposicións, en definitiva, que se teña en conta a capacidade e o mérito da xente, en qué te está a prexudicar entón AGOE?

Que é o que non compartes das nosas reivindicacións? O informe? Que se teña máis en conta a parte de oposición?

Gustariame que mo aclarases, se pode ser.

grrrrr... dijo...

Ola a tod@s!

Veño de ler na web da CIG os termos da negociación desta mañá:

-A convocatoria modificarase no referente aos substitutos con 6 meses traballados: admitirase o informe nos mesmos termos que o ano pasado.

-A CIG defendeu que todas as notas fosen públicas, pero a Consellería parece que non confirmou nada ao respecto.

En definitiva, que non se nos ten en conta para nada, porque o das notas desglosadas dubido que saia adiante. A mesmiña convocatoria que a do ano pasado, xa veredes, igual de inxusta, cuns opositores de primeira e o resto de terceira.

Hai algo que me fixo gracia das demandas da CIG: "Desde a CIG insistimos especialmente en que a Consellaría debe clarificar debidamente aos tribunais que deben cinxirse a xulgar as probas e que non é o seu cometido xulgar o sistema." Terán medo de que os interinos poidan saír prexudicados? Isto é o mundo ao revés.

É deprimente, a verdade...

elisa dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.