jueves, 21 de febrero de 2008

ENTREVISTA NA CONSELLERÍA

Sentimos non ter informado antes no blog da entrevista que tivemos na Consellería co Subdirector Xeral de Persoal, o señor José Luís Canosa.

Acudiron dúas socias e o avogado da asociación.

Cómpre dicir, en primeiro lugar, que estivemos agardando máis dunha hora.

Dixo que sabía que tiñamos pedida unha entrevista dende había dous meses, pero que na Consellería non decidiran aínda quen, cándo nin cómo nos ía recibir, co cal seguimos agardando por unha nova reunión. De feito, hoxe mesmo ía solicitar expresamente unha entrevista co Secretario Xeral unha compañeira de Santiago.

Comezamos plantexándolle o problema, que non é só un problema dos opositores e opositoras, senón que incumbe á sociedade en xeral, porque o ensino é algo que nos preocupa a todos, esteamos ou non dentro da comunidade educativa.

Comentámoslle que a asociación se formou debido as inxustizas raiantes na ilegalidade que padecemos na oposición deste pasado ano. Tamén lle aseguramos que agora estamos unidos, non coma daquela e que non estamos dispostos a que este ano sexa igual.

Canosa limitouse a escoitar e escudarse en todo momento na legalidade que entenden que están a respectar, e nos acordos cos sindicatos. Amososuse moi pouco receptivo, a pesares de estar bastante seguro de si mesmo e con certo aire de superioridade.

Tratamos fundamentalmente dous puntos: por unha banda, a xestión das substitucións, mencionando as irregularidades que asegurou non existían, como é o caso de xente que figura como non presentada ou incluso non aparecía nos listados da oposición; e por outro lado, da vindeira convocatoria.

Expuxémoslle os puntos da táboa reivindicativa da AGOE, como acordamos na Asemblea Xeral de xaneiro, e deixámoslle alí unha copia.

En canto aos non presentados nas listas dixo que eran os excluídos do proceso pola programación, pero que os tribunais puxeran NPRES, cando non debían telo posto; e a xente que non aparece dixo que eran os que non teñen a titulación axeitada para presentarse á oposición, pero que entraron en listas hai tempo e polo tanto, como xa sabemos, teñen aí un posto vitalicio, pero non poden presentarse ás probas.

Preguntamos se xa sabían se a seguinte convocatoria sería igual, e veu a dicir que si, aínda que non tiñan falado do tema, parece ser, o cal é sorprendente e un pouco incrible, tendo en conta a problemática xurdida logo da oposición do ano pasado, e así llo dixemos. Tentamos facerlle ver que queremos negociar a próxima convocatoria para non ter que chegar a impugnala, o que lle aseguramos que fariamos se se plantexaba nos mesmos termos ca última.

O avogado faloulle dos contenciosos que temos interpostos, tanto contra a lista de aprobados, como pola reelaboración das listaxes, ao que asegurou que como foi sempre así por un acordo cos sindicatos, pois que ía seguir así, aínda que ADMITIU QUE NON ESTABA RECOLLIDO EN NINGUNHA LEI, como xa sabiamos.

O avogado díxolle que queremos negociar para que a próxima convocatoria sexa decente, do cal non se lle viu intención ningunha.

Tamén dixo o avogado que se optaban por ignorar o que lles plantexamos non dubidariamos en emprender todos os trámites legais que sexan necesarios.

A verdade é que o resultado da entrevista foi unha indignación xeralizada nas tres persoas que acudiron, pois a actitude do Subdirector Xeral de Persoal estivo moi lonxe da comprensión que si nos amosaron os Delegados de Educación de Ourense, Lugo e A Coruña.

38 comentarios:

Anónimo dijo...

Animalitos...topastes con canosa un óso duro de roer que ademais é o voso xefe, polo que xa me imaxino como foi a conversa. Inda por riba queredes negociar con él, jajajaja. Seguide sumando puntos coas substitucións que facedes, e sorte a ver si chegades a ter o informe.

Anónimo dijo...

Tanto traballo como hai por ahí e estes señoritos queren ser "profes" por narices.

Anónimo dijo...

Por narices, non, senón a través dun sistema xusto de concurso-oposición, QUE É O QUE NON TEMOS GRAZAS A XENTE COMA VÓS.

E o de "señoritos", creo que vos queda un pouco grande na boca: mirade un pouquiño para vós e a ver quen son os "señoritos". E se hai tanto traballo por aí, non tedes máis que deixar o voso posto a quen o merece máis ca vós e ir traballar fóra.

Sodes o peorciño!! Pero teño que recoñecer que estou contenta cos vosos comentarios: TEDES MEDO!!!

E xa veremos onde chega a cousa: a ver se ides ter que meter o rabo entre as pernas!!!! JAJAJAJAA

ESTUDIADE PARA COLLER PRAZA SE É QUE AÍNDA NON A TEDES, QUE É O QUE SUPOÑO, QUE OUTRA ASÍ NON A IDES PILLAR. CON TODO, TEMBLADE, PORQUE A XENTE QUE O ANO PASADO SACOU 9, AFORTUNADAMENTE ESTÁ A TRABALLAR E POUCO LLE HA FACER FALTA PARA PASARVOS POR DIANTE, PANDA DE MAULAS!!!!

Anónimo dijo...

Perhaps, my darling!, pero polo depronto outros están dentro e vos estades fora, vivindo dos pais, á sopa boba, con casa, comida, academia pagada e paga semanal, é dicir, subvencionados...¡Y los "findes" de botellón!
Por certo, apostaría a vida porque vaia a haber cambios tanto na convocatoria dos próximos anos, como na recentemente impugnada, coma en calquera outra reivindicación.
Non existen fundamentos de dereito que vos amparen, somentes criterios de grupo circuntanciais.
Cando non se convoquen tantas prazas xa veremos si seguides berreando.
Bicos...

Anónimo dijo...

Levo no ensino público como profesor de secundaria desde o ano 1991 e ano tras ano vin que hai un colectivo de interinos eternos, que xa o eran cando eu empecei a traballar e que o único que facían era presentarse ás oposicións sen preparalas para manter o seu posto nas listas, para eles éralles moito máis cómodo xa que o destino que lles daban sería máis próximo ás súas casas que en caso de aprobaren as oposicións e ter destino definitivo, como ademais tiñan traballo asegurado... pois a vivir!. Iso si a reivindicación sempre era a mesma que puidesen acceder á condición de funcionario sen oposición, en virtude de que eran contratos fixos discontinuos e repetidos no tempo (seica en Euskadi entraran así) ou mediante unhas oposicións preparadas ad hoc nas que valesen moito os puntos de antigüidade, nas que non tivesen que facer todas as partes das probas da oposición, nas que se lles valorase a súa "excelencia educadora" e non sei cantas cousas máis. Nas oposicións do ano pasado conseguírono e que desfeita, atópome con especialidades nas que todos os aprobados son interinos!, fundamentalmente os eternos interinos, e para maior escándalo enteirome (debido a familiares e compañeiros de traballo) que aos interinos eximíannos da proba chamada "encerrona" se aportaban un informe que dicía que daban clases, estupendo, pero iso non é o peor, xa que no caso da especialidade á que se presentou un familiar meu ese informe foi puntuado en todos os casos con 3 puntos (puntuación máxima da encerrona), co que iso parecía o Real Madrid na Liga que xa empeza con puntos de vantaxe, ás notas que aparecían de interinos había que lle quitar os tres puntos para ver a real, xa que pola miña experiencia e salvo honrosas excepcións, dubido moito que todos eses interinos sacasen os 3 puntos de teren que facer esa parte.
En resume que vos apoio totalmente e sabede que no meu centro e noutros moitos nos que teño amigos, ex-compañeiros, coñecidos, etc. tedes moitas simpatías, porque o profesorado (sobre todo os que xa levamos uns anos no ensino) sabemos o que hai: interinos que queren entrar pola porta de atrás, sindicatos que apoian as súas reivindicacións para asegurarse os votos dos interinos, as súas cotas e en función dos resultados as súas subvencións, consellaría que non quere que se lle poñan en folga, direcións de centros que non queren leas,... Adiante e que nas próximas oposicións non haxa "xogadores de vantaxe", que todo o mundo vaia en igualdade de condicións e que os principios de igualdade, mérito e capacidade imperen. Un cordial saúdo e ánimo.

Anónimo dijo...

Menos mal que leo unha opinión cun pouco de xeito.
Eu opositei este ano, saquei unha moi boa nota e non teño plaza porque a sonsellería, co aopio dos sindicatos decidíu enchufar a un grupo de persoas que xa levan chupando da teta moito tempo.
É unha vergoña que aínda por encima teñan algo que dicir. Deberían calar e ser un pouco lóxicos.

Anónimo dijo...

Ao máis que dudoso "profesor de secundaria" eu diríalle:

1º Dudo moito que sexas profesor.
2º Eu, como Interino Aprobado (xa funcionario non o esquezas)recente, non dos "eternos", que rondou por varios Institutos, nunca xamais percibín "simpatías" con colectivos específicos, excepto naquelas circuntancias especiais de cada persoa, fundamentalmente si teñen algún familiar opositor, o cal é lóxico por outra banda.
3º Históricamente, o colectivo de Interinos/Substitutos non prantexou ningunha reivindicación que non tivera relación, como calquer outro traballador de calquer sector, coa estabilidade laboral. Así que deixa de mentir e entérate. Aínda que como seguro que non eres docente tes pouco coñecemento do que falas, o que de todos modos non te exculpa.
4º Co sistema antigo (ata fai 2 anos) os opositores tamén quedabamos fora pola fase de Concuso por non ter puntos, incluso sacando boa nota, pero aceptábamos as reglas do xogo.
5º O sistema de Concurso Oposición está recollido na LOE e non vai a cambiar. É un procedemento legal conforme a unha lei orgánica e totalmente transparente e constitucional. O sistema de baremación sí, dentro de un par de anos.
6º Dudo moito que a Admón. de Xustiza modifique unha coma do sistema actual por máis recursos que se prantexen. As consecuencias serían catastróficas a nivel estatal. En tal caso sempre caben recursos de casación ante instancias superiores.
7º A admisión a trámite do recurso de AGOE non deixa de ser, con todos os meus respectos, o "chocolate do loro". Xa que si non vai acompañado dunha medida de suspensión cautelar da oposición do 2008 o desenlace é máis que previsible, ou sexa, a prosecución da oposición e a consolidación como funcionarios dos opositores aprobados (INTERINOS OU LIBRES).
8º Dita admisión a trámite é coma o do GOL do Madrid deste fin de semana. Seguide celebrándoo pero xa se sabe o que lle pasou co GETAFE á contra.
Saudiños..."profe".

Anónimo dijo...

Copio o comentario que aparece na primeira entrada e dedícollo a ese interino que dubida de que ninguén máis ca el estea a desenvolver a docencia. Señor "superprofe", INTERINO-APROBADO no pasado CONCURSO-OPOSICIÓN???, dedícollo a vostede:

Non soupen deste blog ata a noticia da aceptación a tramite do contencioso no TSXG, aínda que os compañeiros me falaran da vosa asociación. A miña aportación é algo distinta das que lin ata o de agora. No pasado proceso de oposición formei parte dun tribunal e teño que dicir que foi unha das experiencias máis frustrantes da miña vida. Refírome a que vin pasar xente brilante, grandes futuros profesores, que sacaron unhas calificacións altísimas e ben merecidas, para xusto despois ver que o meter os datos na aplicación informática quedaban por detrás de opositores que NON CHEGAN Ó 3 (sobre 10) NIN NO TEMA NIN NA EXPOSICIÓN DA PROGRAMACIÓN!!!, pero claro tiñan un informe que lles fixo de ponte cara unha praza para toda a vida... Esto na consellería claro que o saben, e os opositores tamén, pero quería dicir algo a favor de todas as persoas que se prepararon e estudaron para superar o proceso. Falo tamén no nome doutros compañeiros e compañeiras que coma min se viron obligados a formar parte dos tribunais e ENGANADOS por unha convocatoria tan inxusta. ÁNIMO!!!

ESTE SI FALA ÁS CLARAS DO QUE ALÍ PASOU.

Aínda tes valor para dicir que non foi menos inxusto que outros anos???!!! Agora collestes as prazas con merdas de notas. Parabéns, "esforzado e digno profesor"!!! Colle a túa praza e polo menos cala a boca. Creo que non é moito pedir un pouco de respecto.

Anónimo dijo...

NO ES PAÍS PARA OPOSITORES:

Adiviño síntomas de conductas esquizoides con múltiple personalidade entre un AGOrEiro "anómimo dijo".
Creo que hai un mesmo (eterno) opositor con desvaríos da conducta e episodios alternantes de lucidez e ofuscación mental.
Non importa. Trankimazín en vena e, se non fai efecto, valium rectal, querido profesor de tribunal atribulado e opositor en ratos libres de la triste figura.
Alegría, que non hai mal que cen anos dure

Anónimo dijo...

Pareceme incrible o que leo.

Pero en que país vivimos, polo simple feito de presentarte a unha oposición, acadar un bo posto (co sistema anterior) e cubrir baixas e interinidades durante un determinado tempo, unha persoa ten dereito a que lle agasallen cunha praza?
O interino que aprobou debería estar caladiño, aínbda que se pode entrever un certo medo a que a reclamación ante o TSXG vaia a diante e lle quiten a praza. Creo que é algo pouco probable, pero persoas coma esa é o que merecen.
Claro que hai moitas persoas en contra deste sistema de oposición, non só os opositores, tamén hai moitos profesores, persoas de a pé, substitutos, interinos con poucos puntos no baremo,... os únocos que están a favor son os interionos/as aos que se lle dar unha praza de profesor pola súa "excelencia docente", é dicir, por non ter aprobado unha oposición con un sistema no que se buscase a calidade dos docentes e non os puntos do baremo.
O peor de todo é que nonn se fala das persoas que mási perden con este sistema: o estudantado, que vai estar en mans de aprobeitados que non son capaces nin de acadar un 5 no exame específico da súa especialidade.
Que triste é todo isto, vivimos nun terra de caciques e chafalladas.

Anónimo dijo...

En resposta ao comentario do 27/2/08 17:40 e por alusións:

1º Si son profesor de secundaria, concretamente dun ciclo formativo de grao superior.
2º En canto a este punto dúas consideracións: Se aprobaches na oposición do 2007, sinto desilusionarche pero aínda es funcionario en prácticas.
En segundo lugar como é posible que nunca percibises simpatías hacia ningún colectivo, tampouco hacia os interinos?.
3º Non sei se lembras o que ocorreu o curso pasado e máis o anterior con aquela “asociación” ou “sindicato” de interinos e substitutos que tiñan por costume reunirse no instituto de Monte de Conxo, convocaban folgas de xeito continuado e entre as súas reivindicacións estaba asegurar a súa estabilidade laboral, pero como? Pois esixindo que os que non aprobasen non se visen desprazados do seu posto nas listas de interinidades e substitucións por opositores con máis nota (é dicir interinos eternos, cos seus postos asegurados), este ano xa están poñendo o carro antes que os bois e xa piden que non haxa cambios a respecto da convocatoria do ano pasado, porque, que vai ser “do profesorado interino e substituto, que por calquera circunstancia non poida superar o concurso-oposición”, cito textualmente de http://www.geocities.com/interinosgalegos/. Non sei se te lembras daquel outro “sindicato” chamado SIEG que pedían “prazas en propiedade xa” e ser “fixos por dereito (divino)”. Se iso non é entrar pola porta de atrás do sistema de acceso non sei que será.
4º Co “sistema antigo” a ponderación do mérito de antigüidade non baremaba un 40 % como agora. As regras do xogo suponse que se aceptan cando un se presenta a unha oposición, mais isto non quere dicir que se renuncie ao dereito a cambialas cando estas son inxustas.
5º Iso de que non vai cambiar... Cantas leis orgánicas de educación houbo nos últimos anos (LOGSE, LOE, LOCE,...)?. Son leis aprobadas sen consenso e xogan co sistema educativo porque cada gobernante quere deixar a súa pegada para a posteridade, aínda me lembro dunha lei de calidade da FP que non chegou a aplicarse porque cambiou o goberno.
6º Ao sistema xudicial non lle incumben as consecuencias dos seus pronunciamentos, limítase a facer cumprir a lei e a corrixir as desviacións da mesma que, neste caso, comete a administración educativa, polo que se o sistema de oposición é contrario á norma deixarao sen efecto e obrigará á administración a subsanar as irregularidades (hai precedentes).
7º Pensas que non van pedir a suspensión cautelar da oposición? Polo que leo neste blog AGOE ten asesoramento legal de avogados que algo terán que dicir sobre isto. Tamén hai precedentes, lembra a oposición de 1992 que se suspendeu ata 1996.
8º Os goles do Madrid non son santo da miña devoción eu son do Dépor pero gústame moito o fútbol por iso puxen o símil futboleiro.
Saudiños “compañeiro”.

Anónimo dijo...

Ole, ole e ole!!! Parabéns pola resposta, amigo!!!

Esta xente non entende que non estamos contra as persoas senón contra un sistema demasiado inxusto e contrario á calidade do ensino.

Ademais, paréceme incrible que falen de aceptar as regras do xogo cando non fixeron máis que facer manifestacións para conseguir estabilidade laboral e para asegurar o posto se, por calquera circunstancia (isto paréceme de cinema), non puidesen aprobar a oposición. En definitiva, só eles teñen a potestade de dispoñer cando as regras son aceptables e cando non.

Os argumentos do INTERINO-APROBADO no 2007(ou sexa, con praza regalada, que é o que non quere que se saiba), son inaceptables e ixustificables dende unha óptica obxectiva: caen polo seu propio peso. E ante a evidencia, o único recurso e o ataque persoal. En fin, que lle imos facer...

Supoño que o medo fai caer nestas contradicións e nesta carraxe encuberta.

Outra cousa: Moitísimas grazas a todas aquelas persoas que formades parte do ensino galego e que compartides a nosa visión das cousas. Necesitamos tamén o voso apoio para que isto saia adiante.

GRAZAS.

Anónimo dijo...

Sinto desilusionarvos, pero tamén hai xente que forma parte do ensino, profesores desde hai anos, no meu caso levo dende o 98 que non está de acordo coas vosas reivindicacións. Sigo sin ver nada malo en valorar un 40% os méritos (que en definitiva son méritos de ter tempo traballado no emprego ó que se opta, ou de cursos relacionados co ensino), e en que as listas favorezan unha continuidade evitando así unha maior precariedade no ensino.Refacer as listas cada ano, ademais de ser un caos, non favorece a calidade (pensade nunha empresa que cambie a súa plantilla ano tras ano). Podedes falar de que a vos non vos favorece, pero iso non significa se sexa inxusto.

Anónimo dijo...

Boas:

Creo que hai persoas que non teñen moi claro o que está pasando nin o que se quere conseguir con esta asociación.
Primeiro, o sistema de oposición anterior era concurso-oposición, pero coa difenrencia de que á fase de concurso só pasaban os mellores opositores en base ao número de prezas ofertadas.
Segundo, que é iso da estabilidade, pareceme que é unha palabra moi bonita que empregan os interinos para que lles regalen unha preza, pois iso chámase inxustiza ou chafallada.
Terceiro, aquí ningén ataca aos interinos, só se dí que o sistema é inxusto e que todos deberíamos ter as mesmas oportunidades para acceder a un posto de funcionario público(eso é o criterio de igualdade que todas as oposicións deberían cumprir).
Cuarto, non sei que vai a pasar, pero o simple feito de que algo se estea movendo, que haia debete e que os profesores se identifiquen cos opositores xa é algo.
Quinto, eu son opositor, pero non de boca se non dos que estudan 6 ou 7 días a semana un mínimo de 8 horas ao día, dos que se documentan para ampliar coñecementos sobre didáctica, dos que se preparan todo o temario, teórico e práctico, dos que se parte o lombo por tratar de conseguir unha meta que é trasmitirlle ao alumnado os coñecementos da miña especialidade.
E coma min hai moita xente que queremos dedicarnos á profesión docente e non podemos porque durante uns anos vainos a ser imposible entrar, porque primeiro teñen que entrar os que levan chupando do bote moito tempo e disfrutando dos privilexios que supón ser interino.
A min, o ano pasado, o meu tribunal, recoñeceume que se estaban a cometer moitas inxustizas. Eu saquei a mellor nota da fase de oposición e aínda hoxe estou a esperar que me chamen para poder ser un traballador (non estable) do ensino galego.
Algo ten que cambiar porque así o que máis perde e o sistema de ensino galego.

Anónimo dijo...

Al Profesor del Ciclo Formativo:

Vaya por delante que no comparto tus opiniones.
Con todos mis respetos, permíteme recordarte que la impugnación del 92 que se realizó por un motivo realmente justo y que se fundamentaba, básicamente, en el hecho de haber aprobado a más personas de las existentes para la RPT de ese año.
Cosa que no sucedió en esta convocatoria donde las bases especificaban claramente que solo obtendrían plaza las mejores puntuaciones obtenidas de la fase de oposición más el baremo.
Lo siento compañero pero no tienes argumentos.
Tiene razón el interino aprobado, una Ley Orgánica no se cambia de un momento a otro,exige sus plazos y unas mayorías cualificadas, algo poco probable que suceda en lo que resta de aplicación transitoria del actual sistema de oposición.
El actual sistema se ajusta a derecho completamente. El Real Decreto que regula la convocatoria no hace otra cosa más que reproducir literalmente partes enteras de la LOE, entonces, ¿donde está la supuesta "desviación de la ley" o fraude de ley a la que aludes?. Perdona pero no entiendo lo que pretendes decir.
Que al sistema judicial no le incumban sus resoluciones no quiere decir que no sopesen las consecuencias de sus actos. En cuanto a precedentes, ¿cuales?,dilos, por favor.
¡Reglas injustas!, bueno, según se mire. Los políticos marcan las reglas y tú tienes el voto para cambiarlos en el sentido que quieras porque la vía judicial creo que, en este caso, será un fracaso para este grupo de personas.

Anónimo dijo...

Deixámonos de hopocresías?



Isto é un xogo no que cada quen arrima "el ascua a su sardina"

Todos sabemos que os méritos non son tales.

Todos fixemos os cursos de 100 horas dos sindicatos en media hora con respostas copiadas doutro. Son un medio de financiación e nada +.

E todos nos damos conta de que o sistema actual de concurso-oposición non garantiza que os que saquen praza sexan realmente os mellores mestres.

E que o feito de levar dando clases 5 anos de interino non supón que sexas mellor mestre que alguen que se presenta por primeira vez. Nos colexos saben isto, e por iso as reivindicacións dos interinos non caen simpáticas nin alí nin nos tribunais.

E había unhas reglas, que os sindicatos cambiaron, ¿Por qué? porque os interinos figuran nos sindicatos e eu, non. E porque os sindicatos presionan aos lexisladores.

Se os interinos se uniron e conseguiron resultar favorecidos, fixeron ben. Digo isto porque algúns pensades que as regras do xogo están escritas na convocatoria, ou na LOE, e todos nos poñemos "nervis" cando se trasgreden..., pero as regras están máis aló.

Agora os opositores coma min, os irmáns pobres, estámonos unindo para facer exactamente o mesmo. ¿A quen lle molesta? É un xogo tan suxo ou tan limpo coma o dos interinos, os sindicatos, etc, etc...

E se agora a consellería decide reface-las listas tódolos anos, e reducir os méritos ao 10%, eu non vou protestar, porque non me parecería ningún disparate, e porque ademáis serei un dos favorecidos.

E cando sexa interino, eu loitarei polos dereitos dos interinos, porque as regras do xogo son así.

Outra cousa é o que cada quen considere máis loable, máis xusto, etc. Porque aquí poderíamos estar falando dunha oposición cerrada para interinos, e aquí ninguén abriría a boca, porque... estaría na leeeii!

E qué fago eu? pois apoiar á Asociación e estudiar un montón para entrar nas listas de interinos o ano que ven, porque este ano por fin rematou outra situación tan inxista coma esta, que era a inexistencia de convocatoria para mestres de primaria coma min, cando a maior parte das sustitucións e interinidades eran para cubrir postos de xeneralista, das que se beneficiaban mestres especialistas. Ninguén fixo unha asociación e durante doce anos así nos foi.

Repo.

Anónimo dijo...

Son profesor sustituto e ata o de agora estiven calado.
Estiven calado na multitude de cursos que fixen durante este outono cando moitos dos que aquí protestan protestaban alí e alzaban a súa voz contra o sistema que din que lles perjudica.
Fai dous anos saquei unha boa nota e quedei fora porque non tiña puntos pero quedei calado.
O ano pasado movéronse moito as listas e tiven a sorte de poder entrar, deixando un traballo precario na privada para ter outro precario na pública, pero facendo aquelo que me gusta. Pero seguín calado.
Agora esta asociación quere refacer as listas de sustitutos á súa conveniencia…,pero non vou a seguir calado.
Teño muller e un fillo e espero, e confío, que desde a Administración, sexa da cor que sexa non se atenda ás súas peticións, e eu non me vou a quedar calado
Espero que os sindicatos non nos traicionen e non me vou a calar.
Espero desde logo que as cousas non cambien polo ben de moitas e moitos profesores interinos e sustitutos que, malamente, empezamos a montar unha vida.
E non vou a calar, ¡JODER!
Porque non tendes razón.

Anónimo dijo...

Non vale a pena enfadarse, home.

A razón témola todos ou na ten ninguén.

O sistema de acceso a un posto de traballo é duro, e claro, cando un se beneficia outro ten que saír perxudicado.

Se cambia o sistema e saes perxudicado, síntoo, pero cada un ten que mirar polo seu. A min perxudicoume o ano pasado, teño que traballar no Lidl e non lle boto a culpa a ninguén. Así funciona.

Mentres sexamos máis aspirantes que prazas, o que máis chifle, capador. Así que por qué calaches antes?

Repo

Anónimo dijo...

Aquí, os que de verdade saímos perxudicados e os que padecemos unha verdadeira inxustiza fomos os que nas oposicións pasadas acadamos unha nota superior a 8,5 e aínda a estas alturas non fixeramos unha miserable sustitución, e, o que é peor, xa non a faremos ó ritmo que avanzan as listas. Todo o demáis son caralladas.

Anónimo dijo...

Para o que calou:
Tes todo o meu apoio, son profesor funcionario de fai anos (que vexo que aquí se valora moito o que opinemos, claro mentres non se diga o contrario do que eles pensan). Coñezo a moitos interinos e substitutos que se deixan a pel no seu traballo, e eso lles impide preparar a parte memorística da oposición. Espero que non se modifique nada por que afortunadamente os sindicatos defenden os traballadores, pero si algún día se modifica e algunha desas persoas quedase na rúa, loitaría por vos.
Si sabes que é un concurso-oposición é non tes ningún mérito, ¿para que te apuntas?. Esto non é o típico exame de carreira onde te poñen unha nota é listo, e un concurso-oposición onde se compite por unha praza con todo o que teñas (exame, cursos, tempo traballado etc) e cumprindo unhas normas que saen uns meses antes.O ano pasado sacastes notazas por que vos inflaron as notas, simplemente, xa que si fose como antes (que iso si que era inxusto, que o tribunal aprobase o mesmo número de persoas que prazas ninguneando a experiencia)igual non chegabades ó 5.
Saúdos.

Anónimo dijo...

Eses interinos-sustitutos ós que a pasada convocatoria lles parece maravillosaa, poderían dicirlle ás APAS a nota que sacaron en cada unha das partes da proba única.

Ah! perdón! Non lembraba que iso non era posible porque non se fixo un desglose da calificación.

Por certo. É un pouco inxusto, só un pouco, que nunha especialidade na que o curso pasado chamasen a sustituir a xente con un 1, este ano non lles chegue un 9 para poder "meter o fuciño". Xa que de altas responsabilidades non se fala.

Por último, dicirvos que non todos os opositores están subvencionados por pais, nais e titores. Moitos deles están traballando en chollos durísimos temporalmente para sacar os cartos suficientes que lles permitan seguir estudiando. Por solidariedade e pola calidade no ensino, é necesario un sistema de concurso-oposición igualitario. Que teña en conta os méritos, pero non ata un punto que resulte discriminatorio.

MANIFESTACIÓN XA!!! A PRENSA APOIANOS!!!

Anónimo dijo...

Ao profesor sustituto que ata o de agora estivo calado:

Síntoo, compañeiro, pero a situación que estamos a vivir é moi inxusta e imos loitar con todas as nosas forzas para cambiala. Se non tiveses medo de non estar capacitado para manter o teu posto en lista, non terías que preocuparte, digo eu.

A cuestión é que por moi precario que consideres o teu emprego actual, está claro que o prefires a un posto na empresa privada (non igual, senón máis precario aínda e probablemente nun sector distinto ao teu). Polo tanto, tan precario, tan precario... non ven sendo. E menos aínda co sistema actual que fai que perpetuedes o voso posto en lista con independencia da vosa nota (por certo, poderíasnos dicir que posto real (en base a resultados, vaia) sacaches en lista no 2007?), o que fai que vós mesmos vos sintades seguros, sen necesidade de esforzaros moito, posto que se trata de ir acumulando puntos e deixarse ir.

Que intentas facer unha vida? E ti que pensas, que os que estamos fóra estamos encantados coa nosa situación, ou? Que non temos vida que levantar? Que todos estamos na casa da mamá sen facer nada máis que estudar? Non, señor, non, estamos todos a loitar polo mesmo ca ti: estabilidade laboral e salario co que poder vivir. E posto que se trata do emprego público (non privado) o mínimo é que a xente compita en igualdade de condicións nun proceso de concurso-oposición o máis xusto posible para todos: onde a oposición sexa igual para todo o mundo, posto que na de concurso xa se favorece, e moito, a todos aqueles que tedes experiencia. Paréceche de recibo que por riba se vos permita entregar un informe na fase de oposición e non se esixa un mínimo de nota en cada unha das partes? Síntoo, pero a min non, e se o mirases con obxectividade, seguro que a ti tampouco.

Hai xente substituta que se se renovasen as listas en base a resultados acadados tería que ocupar un posto 5 ou 6 en lista e teñen que roer o posto 60 ou 70, por poñer un exemplo. E outros que ocupan un posto 40 ou 50 (obtido porque nun ano concreto abriron as listas), resulta que conservan a posicion pese a obter na oposición postos por riba do 300 e 400.

Podes dicir que non estás de acordo co que intentamos, pero non porque non sexa xusto o que reclamamos (lembra que o sistema que plantexamos so favorecería aos mellores), senón porque a ti non te convén nadiña. Mesmo se estudando puideses acadar un posto máis alto en lista e obter mellores substitucións. Pero non, porque un sistema deste tipo obriga a traballar, a non durmir no limbo e a intentar dar o mellor dun mesmo ano tras ano.

Anónimo dijo...

A min paréceme ben que reclamedes o xusto.....pero o que me parece fatal e que arremetades contra os interinos, que somos traballadores e bastante nos custou estar aí (primeiro sacar unha boa nota na oposición, empezar a facer substitucións peregrinando por Galicia, uns contratos penosos e un longo etc que non procede). Si realmente queredes reclarlle o xusto a administración, reclamade que non lle regalen a pasta ao ensino concertado que ese é o verdadiero problema; que son profes a dedo pagados por todos. Si non chega a existir isto, habería prazas para todos e estabilidade laboral tamén para os interinos. Metédevos con quen tendes que facelo, non cos traballadores dignos.

Anónimo dijo...

Ninguén vai contra os interinos, estamos en contra do sistema.
Eu co que alucino realmente é co de que pensedes que quen non está de interino ou substituto está rascándoa na casa, A XENTE TRABALLA CUNHAS CONDICIÓNS MOITO MÁIS PRECARIAS!! Como vou eu, profe substituta, ter a cara de dicirlle a alguén que está preparando a oposición traballando en calquera empresa, facendo máis horas que o reloxio, que non teño tempo de estudar?! Cando por riba, estou en contacto coa vida do centro todos os días e me pode ser máis doado plantexar unha exposición realista por exemplo da programación ou da UD?
Xa cómpre ter cara!

Anónimo dijo...

Á "Profe Substituta":
Porque non nos fas o favor de deixar o teu posto e que corra a lista para que outra compañeira/o poida ter a oportunidade de acceder ás listaxes e preparar a oposición con tan suma facilidade.
Anda profe substituta, solidariedade cos opositores/as.

Anónimo dijo...

Ao comentario anterior:

Se toda a túa capacidade argumentativa redúcese a isto, compañeiro, é que temos moita razón nas nosas reivindicacións.

Un pouco de seriedade nos comentarios, por favor. Se queres dicrepar, o mínimo é facelo con certo criterio.

Anónimo dijo...

Eu non dixen que sexa doado dar clase e máis preparar a oposición, claro que dá traballo! Pero o que algo quere, algo lle costa, ou ben te deixas levar polo sistema e agardas a que che regalen a praza como ocorreu este ano. Pero eu quero que o meu esforzo se recompense como é debido.
O meu comentario non ía na liña de que sexa doado traballar no ensino e estudar, se non que pretendía contestar ao comentario que fai referencia a que "mentres uns están dentro outros están fóra, vivindo dos pais, á sopa boba, con casa, comida, academia pagada e paga semanal, é dicir, subvencionados...¡Y los "findes" de botellón!"
Por iso dicía que quen non está facendo substitucións non é que estea comodamente entre mirar para onte
e estudar as opos, senón que a xente se busca outros curros.

Anónimo dijo...

Y ¿qué pasa con los que SI aprobamos a pesar de no haber sido interinos? ¿Por qué nos quereis quitar la plaza?

Anónimo dijo...

Ola, estou alucinando co que aqui leo. Sodes aspirantes a docentes ou docentes e isto parece outra cousa. Non entendo eses insultos aos aprobados do 2007, tamén sacaron plaza opositores sen teren traballado e con cursiños. Algúns dos interinos que entraron este ano xa aprobaran os tres exames de oposicions pasadas e quedaron sen praza e é por iso polo que estaban traballando. Gustariame saber se os que non sacastes plaza nesta oposición pero si entrastes nunha lista de substitutos, que ides facer:
. renunciar os puntos que vos den por tempo traballado?
. renunciar a posibilidade do informe se tedes dereito a el?
. renunciar a plaza se a acadades con este sistema?

Anónimo dijo...

se están sacando las cosas de quicio. Soy asociada, estoy de acuerdo con el baremo de méritos, no renunciaría al informe, pero admitiría que es injusto, y no renunciaría a la plaza ni pienso que todas hayan sido dadas porque sí. Otras sería para discutir. Tú en mi lugar, ¿qué harías sabiendo que te vas a presentar a otra oposición donde algunos tienen sus puntos asegurados por el informe, y donde la lista de sustituciones no sigue el orden correspondiente de las notas del procedimiento selectivo?
Estoy abierta a sugerencias (lo digo en serio, me sorprende tanta discusión y quisiera poder ser crítica tb conmigo misma, para lo que, evidentemente, necesito que el que piensa diferente me haga reflexionar)

Anónimo dijo...

Imaxina por un momento que nunha convocatoria anterior de oposicion sacas un 9 e quedas sen plaza, pero si a collen persoas que non sacan un 5 nos exames; isto pasou hai uns anos. E hoxe algunhas desas persoas que entraron sen o 5 son dos funcionarios de carreira que non estan de acordo co baremo actual.
En que empresa non se valoran os méritos de ter traballado con eles?
Gustaríame ver que pensan alguns dos asociados cando sexan eles os que leven un tempo na lista e traballando.

Anónimo dijo...

(la asociada del post anterior)
Pues me parece exactamente igual de irregular. Y estoy completamente de acuerdo con el baremo de méritos, creo que es interesante lo que se puede aportar con ese bloque. Y si llevara un tiempo en la lista trabajando, me presentaría a las opos para volver a quedar en listas. Exactamente lo que hago con otras listas, no considero que mi puesto en ellas sea para mí, sino resultado de un procedimiento, que, cuando se repite, saca una lista nueva.

Anónimo dijo...

Hai persoas que sen ter traballado nunca, aportan méritos por título, licenciatura e cursiños.
No baremo é posible chegar a 6 puntos dos 10 posibles e non ter traballado nunca. Espabilade e facede cursos ( eu fixenos mentras facia a carreira, dos que dá a Universidade)e agora tamén é posible facelos por sindicatos e outros organismos.

Anónimo dijo...

Vexo que non estás moi ben informad@. Os cursos que podes facer (sindicatos e outras entidades) teñen acceso restrinxido se non traballaches nunca: só podemos acceder ao 30% das prazas ofertadas.

Vexo tamén que es alguén moi precavido polo que contas: resulta que fixeches cursos mentres estudiabas. Só unha cousiña: sen ter o título de licenciado non podes acceder aos cursos de formación do profesarado "homologados pola consellería de educación", polo tanto, o único que podes ter son cursos da EOI, expediente, DEA, Doutoramento, etc... Máximo: 4 puntos da fase de concurso.

Unha preguntiña? Ti estás dentro ou fóra? Máis que nada porque o teu plantexamento sóame a alguén que xa está no sistema.

Anónimo dijo...

Se tan inxusta é a Orde de acceso de secundaria, por que non facedes nada contra a de primaria que é exactamente igual? ou é que AGOE só defende os intereses dos de secundaria? Aos de primaria quen nos den.

Anónimo dijo...

Se estades de acordo co que plantea AGOE, non tedes máis que sumarvos á asociación. Cantos máis sexamos, máis forza faremos.

E AGOE parte de secundaria porque é a ese corpo ao que pertencen os que se decidiron a facer algo para reclamar os nosos dereitos. Pero imaxino que estarán encantados de poder contar coa xente de primaria.

Eu, en tanto que asociada, só podo darvos a benvida se decidides sumarvos.

Unknown dijo...

Moi interesante a opinión dun de tantos anónimos que reduce a vida dos membros de AGOE a vivir dos pais, facer botellón e demais paridas. Mira, metiches a pata tan abaixo que xa non tes forma de sacala.

Teño traballado na hostelería, como enquisador, como contable por 568 euros/mes con dúas licenciaturas rematadas, 25 anos e 8 cursos da universidade deses que nos recomenda outro anónimo.

Pensade ben antes de emitir xuízos tan pexorativos sobre a vida persoal de xente á que non coñecedes.

Marcos dijo...

Neste blog coméntase o caso dos interinos choróns (que por fortuna, non son todos).
A expresión "via osmótica para entrar na función pública" é tan significativa...

http://verbascum.blogalia.com/historias/28128