jueves, 15 de noviembre de 2007

AGOE INTERPÓN UN CONTENCIOSO ADMINISTRATIVO

A Asociación Galega de Opositores e Opositoras do Ensino (AGOE), vén de interpoñer un recurso contencioso-administrativo contra a Orde do 23 de agosto de 2007 pola que se publica a lista de aprobados nas oposicións deste ano ao corpo de profesores e profesoras.

AGOE xa denunciara publicamente o actual sistema de acceso á función pública docente, posto en práctica por primeira vez nos pasados meses de xuño e xullo, no que se favoreceu deliberadamente a unha parte dos opositores e opositoras, en detrimento doutros moitos. A asociación entende que neste proceso pragado de irregularidades e ilegalidades, hai unha cuestión que determinou en gran medida a adxudicación das prazas ofertadas este ano: o feito de que a Consellería usurpara a autonomía funcional dos tribunais que debían xulgar as probas de acceso aos corpos de mestres e profesores. Había un exame que as opositoras e opositores interinos non tiñan que realizar, ao contrario que o resto dos aspirantes ás mencionadas prazas, podendo substituíla por un pequeno traballo de 10 folios que sería valorado por unha comisión de inspectores, mediante un informe coñecido de antemán polos opositores e opositoras. Dito informe, xa valorado, chegaba aos tribunais, que tiñan as mans atadas. Estes opositores privilexiados obtiveron un 10 nesta parte da oposición, partindo así con 3 puntos de vantaxe sobre o resto na inmensa maioría dos casos.

5 comentarios:

Anónimo dijo...

A vosa iniciativa páreceme moi interesante. Podedesme dicir que teño que facer para descargar os estatutos e asociarme, non atopo a maneira.

AGOE dijo...

Para descargar os estatutos so tes que pinchar no vínculo e aparece unha páxina dun servidor de descargas directas. Tes que introducir o código que aparece e darlle a descargar.
Se queres asociarte so tes que descargar a solicitude de alta de socio.
Se tes algún problema mandanos un mail e intentaremos mandarcho directamente.

Anónimo dijo...

Ya era hora de hacer algo!! En las listas hay gente que no debería estar!!! Tiene que ser reconstruida!!!

Anónimo dijo...

Tamén che mandan a solicitude por e-mail e máis che aclaran as dúbidas se as tes.

Anónimo dijo...

Atención ao titular da paxina 20 da edición da Voz de Galicia do mércores 9 de xaneiro:
"Mariano Rajoi anuncia que si gana mantendrá todas las leyes socialistas ,salvo la de educación"
En definitiva derogaríase a LOE,a lei que estableceu o anticonstitucional sistema de acceso á función pública docente, que seguirá vixente nos vindeiros anos se a derrota nas urnas do mentirán de ZetaP non o evita.
!NUNCA MÁIS concursos encubertos¡
!NUNCA MÁIS oposicións roubadas¡