viernes, 16 de noviembre de 2007

AGOE INICIA UNHA ROLDA DE CONTACTOS COS DELEGADOS PROVINCIAIS DE EDUCACIÓN

A Asociación Galega de Opositores e Opositoras do Ensino informa de que ESTE VENRES 16 DE NOVEMBRO DE 2007 COMEZOU UNHA ROLDA DE CONTACTOS COS DELEGADOS PROVINCIAIS DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA, ENTREVISTÁNDOSE CO DE OURENSE, e quedando pendentes pois A Coruña, Lugo e Pontevedra.

A AGOE concibe estas reunións como o paso previo de cara a unha entrevista na propia Consellería de Educación e O. U. para plantexar as reivindicacións da asociación en canto ás numerosas irregularidades e ilegalidades que tiveron lugar no proceso selectivo deste ano de acceso aos corpos de mestres e profesores. Dende a AGOE agardamos que estas non se repitan, e que non persista o INXUSTO SISTEMA QUE PADECERON nos meses de xuño e xullo MILLEIROS de opositores e opositoras durante os catro vindeiros anos, como pretende a Consellería.

Nestes encontros, a AGOE quere manifestar que non se pode tolerar que dende unha administración pública se argalle e se leve a cabo un SISTEMA DE ACCESO á mesma que é POR DEFINICIÓN DESIGUALITARIO, e tamén que de persistir a Consellería no seu empeño de continuar con este sistema de acceso amañado os próximos catro anos, se verá na necesidade de tomar TODAS AS MEDIDAS LEGAIS AO SEU ALCANCE PARA EVITAR QUE FINALMENTE ISTO SE PRODUZA.

NA REUNIÓN DESTA MAÑÁ co Delegado de Educación de Ourense, D. Gonzalo Iglesias Sueiro, á que acudiron DOUS VOCEIROS DA AGOE E O REPRESENTANTE LEGAL DESTA ASOCIACIÓN, este amosouse bastante receptivo con todo o que se lle plantexou ao respecto do sistema de acceso posto en práctica por primeira vez este ano, no que se favoreceu descaradamente a unha parte dos opositores, e afirmou que actuará como transmisor das demandas da AGOE ante a Consellería.

Lembremos que con este procedemento de acceso se FAVORECE DELIBERADAMENTE a unha parte dos opositores (os que levan anos traballando sen ter acadado a praza), xa de por si beneficiados na fase de concurso, que parten con 3 puntos de vantaxe sobre o resto na fase de oposición sen ter que realizar todas as probas, e que así non precisan superar o exame de coñecementos da materia a impartir. Deste xeito, a maioría dos opositores e opositoras non teñen ningunha opción, como se puido observar, pois en case todas as especialidades non obtiveron praza máis cós opositores incluídos no grupo dos privilexiados.

É totalmente irracional que a propia administración estea a forzar por todos os medios que os NOVOS FUNCIONARIOS da Consellería de Educación e O.U., ENTREN POLA PORTA DE ATRÁS, cando o que se debería é procurar que só poidan acceder os mellor preparados, tras ter superado con éxito todas as probas. Non procede que ademais de evitar unha delas non se esixa o aprobado nas outras dúas que hai, entre as que se atopa a única sobre coñecementos da materia a impartir.

A proba que non realizan os opositores interinos é ademais aquela na que deberían de ter máis vantaxes con respecto ao resto, polo que non se entende que a propia Consellería desconfíe DAS CAPACIDADES DESTE PERSOAL QUE LEVA ANOS IMPARTINDO DOCENCIA NOS CENTROS PÚBLICOS á hora de realizala, xa que é a proba na que máis patentes quedan os coñecementos e as aptitudes que ten unha persoa, “a priori”, para o posto de traballo ao que se opta neste caso. Semella que TIVESEN MEDO DO RESULTADO que ocasionaría un proceso democrático, no que todos e todas tiveran que facer os mesmos exames.

Tamén se lle comunicaron ao Delegado todas as irregularidades das que somos coñecedores dende a asociación, como é o caso de que hai xente nas listas de interinos e substitutos que están traballando dende inicio do curso e figuran como non presentados, o que sería motivo de exclusión das mesmas.

Desde a AGOE, CUESTIONAMOS A DEMOCRACIA
no actual proceso de acceso á función pública docente, así como a soberanía dos tribunais, aos cales lles vén unha proba avaliada de antemán, sen que sexan eles quen a valore, o que POR LEI DEBERÍA OCORRER.

Somos conscientes, ademais, que os opositores e opositoras que queremos realmente que a IGUALDADE PRESIDA AS PROBAS DE ACCESO ÁS QUE FACEMOS REFERENCIA, temos que unirnos e organizarnos, e así o estamos facendo, para defender este principio, e informar a toda a sociedade da falta de democracia que vivimos, en canto á cal os sindicatos miran para outro lado, ou incluso amosan o seu apoio.

13 comentarios:

leriasaparte dijo...

Noraboa pola rolda de contactos!

Quería informarvos de que fixen este blog para contar o que me sucedeu nas listas de Historia da Arte, a irregularidade que se está cometendo está aquí contada no meu caso particular e cos enlaces á documentación. A vos xa vola mandei por correo -supoño que xa sabedes quen son- pero é para que o vexa todo o mundo que queira entrar e poda comprobalo. Un saúdo

Anónimo dijo...

hola, son de historia e acábame de chamar a atención o comentario de leriasaparte con respecto ás listas de historia da arte. Paréceme entender que ten un blog propio tratando este tema, pero non atopo o enlace, ¿poderías publicalo? Gracias

Anónimo dijo...

ola!! son leriasaparte, a historia está en http://leriasaparte.blogspot.com
Alí tes os enlaces para documentación, cando pinchas, abreseche outra páxina e na parte esquerda da arriba nun cuadriño metes as letras ou números que che pon ó lado e xa che descarga tódolos documentos de forma gratuita. Se tes algún problema, deixa un comentario ou un mail a leriasaparte@gmail.com

Anónimo dijo...

¡¡Esto é un escándalo Pereira!!...esta famosa frase da exitosa serie da TVG "Pratos combinados" é o que diriamos tódolos opositores que concurrimos por Historia se fósemos clientes habituais do Bar Suizo....Ainda que ben pensado parece que quen argallou todo o que pasou nas oposicións da nosa especialidade fora nin máis nin menos que que o mesmiño Miro Pereira de Ribadavia. Xurovos que nunca na miña vida de opositor vin unhas oposicións tan trampulleiras coma estas e eso que dicían que nestas se mantería o anonimato das probas. ¿Anonimato das probas? ¡¡¡Mentira!!!! ¿Cómo se pode dicir que estas probas son anónimas cando os tribunais sabían de sobra a quen debían aprobar e quen non?. Explícome: no meu tribunal que estaba cheo ata os topes de interinos e substitutos só aprobaron éstes mentras que dos demais opositores é dicir dos que non somos nin substitutos nin interinos non aprobou nadie. Por si houbera dúbidas do eiquí escribo os tribunal non so aprobou polo morro e inlanándolle as notas de máis ós interinos e substitutos que presentaron o famoso informe agás dous ou tres que non deron pé con bola. Pero meus amiguiños a cousa non quedou ahí pois mira ti por onde os interinos e subtitutos de que non presentaron informe pasoulles o mesmo: aprobados en masa agás con algunha excepción...¿Todo esto que quere dicir?. Pois que a conselleria filtrou ós tribunais os nomes das persoas que debían aprobar (interinos e substitutos)condenándonos ós demais opositores a suspender fixéramos o que fixerámos. ¡¡¡Isto é un escándalo Pereira!!!. Saúde e república e que dimita o/a conselleiro/a por consintir o que pasou nestas vergonzosas oposicións.

Anónimo dijo...

O que se cuestiona nesta comunidades autónoma trascende o "tema oposición"; xa entra na categoría de "anticonstitucional", xa que retorceron as leis e os decretos para arrimalos aos seus intereses. O grave é comprobar ata que punto, como cidadáns desta terra (xa non coma opositores)ninguen nos asiste cando violan as nosas leis: ("equidade" de todos as/os cidadáns) ou o que aquí coñecemos por "cacicada"....
O que non demostran na Xunta é a vontade de "correxir erros ou enmendar ou escoitar ou ....
O último foi sen previo aviso a ninguén considerar que este ano "NON SE DEVOLVEN AS PROGRAMACIÓNS", alegando calquera cousa (qUe foi unha proba única), eso sí COMA SON MOI DEMOCRÁTICOS E LEGAIS DIN QUE "PODES PRESENTAR UNHA RECLAMACIÓN...."....¿e esta actitude ten algo que ver con pasar por alto as condición dun Decreto e admitir programacións que NON SE AXUSTABAN Á LEI...?
¿TEN ALGO QUE VER QUE OS INTERINOS XA ESTAN COLOCADOS E NON NECESITAN A SÚA PROGRAMACIÓN (nese aspecto a Xunta non terá problemas cos sindicatos)? ¿con quen os va ter?: cos outros opositores.
Para a Xunta de Galicia hai "opositores de primeira, de segunda e de terceira rexional..." E debe haber outra categoría: a dos opositores que nos presentamos según a CONSTITUCIÓN en IGUALDADES DE CONDICIÓNS....pero e que constitución e xunta de Galicia parece que non van da man...
SEÑORES: CANDO UN SE SENTA NESES SILLÓNS É COMO MÍNIMO PARA AXUSTARSE Á LEI, E PROCURAR QUE O FAGA TODO O MUNDO, E DESPOIS FAGAN POLÍTICA QUE PARA ISO COBRAN (E A SER POSIBLE: BEN FEITA)
E SI NON PARA ISO ESTÁN O TRIBUNAL CONSTITUCIONAL QUE É O ÚLTIMO QUE NOS PODEN RECOMENDAR...ADEMAÍS DE PRESENTAR UNHA RECLAMACIÓN...
¿OU COMO ERA ISO?: "CHOVE"

Anónimo dijo...

Todo o que esta a acontecer no sistema educativo e froito do desprezo que o actual goberno amosa pola "cultura do esforzo",
e que se reflicte,ademais de nas oposicións,en aspectos coma o pase automático de curso e o empobrecemento dos plans de estudos.
Pola contra ensalzase a "cultura do amiguismo e o peloteo" e a glorificación da mediocridade.
Sen ir mais lonxe Pepiño Blanco(o galego que mais manda en Madrid segundo a TVG) non foi quen de rematar 1º de dereito... e aí o tedes.
O mesmo ZP foi ,según contan ,un estudante mediocre que adicaba o seu tempo a facer a pelota polos departamentos(Todos coñecemos alguen así)
E daqueles pos viñeron estes lodos.
Se esta xente puidera nomearía todo-los funcionarios a dedo.
De feito isto último e o que fai o BNG para a selección do persoal das suas GALESCOLAS ,que se fai non por oposición pública senón mediante tribunais de selección e criterios propios.
Incrible nunha democracia ,pero certo.

Anónimo dijo...

hay un cambio no sistema de oposición deste ano q pode ser beneficioso, estou informándome!

Anónimo dijo...

En canto ó cambio, non nos afecta en Galicia, pero se noutras comunidades fixeron cambios, tamén poden conseguirse aquí,non hai lei que o negue, hai q loitar!

Anónimo dijo...

Atención ao titular da paxina 20 da edición da Voz de Galicia do mércores 9 de xaneiro:
"Mariano Rajoi anuncia que si gana mantendrá todas las leyes socialistas ,salvo la de educación"
En definitiva derogaríase a LOE,a lei que estableceu o anticonstitucional sistema de acceso á función pública docente, que seguirá vixente nos vindeiros anos se a derrota nas urnas do mentirán de ZetaP non o evita.
!NUNCA MÁIS concursos encubertos¡
!NUNCA MÁIS oposicións roubadas¡

Anónimo dijo...

Si, claro, agora vén o PP a salvarnos a vida. Aínda non lle oín a Núñez Feijoo nada que dea mostras de que se solidariza connosco.
O PP estivo sen sacar prazas moitos anos, facendo que os interinos colleran todos os puntos que teñen e polos que agora nos pasan por riba.
E agora, estes rematan a faena.

Anónimo dijo...

Atención ao titular da páxina 20 da edición da Voz de Galicia do mércores 9 de xaneiro:
"Mariano Rajoi anuncia que si gana mantendrá todas las leyes socialistas ,salvo la de educación"
En definitiva derogaríase a LOE,a lei que estableceu o anticonstitucional sistema de acceso á función pública docente, que seguirá vixente nos vindeiros anos se a derrota nas urnas do mentirán de ZetaP non o evita.
!NUNCA MÁIS concursos encubertos¡
!NUNCA MÁIS oposicións roubadas¡

Anónimo dijo...

Nuñez Feijoo no aprobó el sistema impuesto en la LOE.
Si lo hizo el PSOE con los votos favorables del BNG,cediendo a las presiones de unos sindicatos de dudosa moral que,lejos de defender lo ètico y justo ,actuan como la "cosa nostra" en único beneficio de los que ellos consideran que deben tener todos las facilidades,y a costa de hundir al resto.

Anónimo dijo...

Non vos esquenzades, a xente con experiencia e a que vale