jueves, 24 de enero de 2008

O VALEDOR DO POBO ACEPTA A TRÁMITE A QUEIXA FORMULADA POLA AGOE

A ASOCIACIÓN GALEGA DE OPOSITORES E OPOSITORAS DO ENSINO VÉN DE RECIBIR A CONFIRMACIÓN POR PARTE DO VALEDOR DO POBO DE QUE ACEPTA A TRÁMITE A QUEIXA PRESENTADA POLA MESMA NO PASADO MES DE OUTUBRO.

A AGOE xa informara no devandito mes de que formulara unha queixa ao Valedor do Pobo , solicitando a súa intervención en relación ás reclamacións que a asociación presentou na Consellería de Ordenación e O.U. no pasado mes de agosto para que as listaxes de interinos e substitutos se refagan cada vez que haxa concurso-oposición, en función do resultado do mesmo .

A Asociación Galega de Opositores e Opositoras do Ensino creouse para loitar a prol dun proceso selectivo de acceso aos corpos de profesores/as e mestres/as que respecte os principios de igualdade, mérito e capacidade, logo de estrearse o actual sistema de acceso á función pública docente, nos pasados meses de xuño e xullo, no que se favoreceu deliberadamente a unha parte dos opositores e opositoras, facilitando o aprobado na fase de oposición a aqueles que tiñan máis puntos na de concurso, deixando aos restantes opositores sen nada que facer fronte a estes.

As reclamacións ás que fai referencia a queixa presentada débese a que as listaxes de interinos e substitutos non se refán cada vez que hai un proceso de concurso-oposición conforme ás cualificacións obtidas no mesmo, senón que por razóns alleas á legalidade vixente mantéñense no seu posto aqueles que o pasado curso constituían ditas listas. Isto é así aínda que estas persoas teñan suspendido, e ata sacado 0 na oposición, ou incluso non se teñan presentado en Galicia ou na súa especialidade. Así, as primeiras persoas que foron chamadas para interinidades e para facer substitucións, non son aquelas que, quedando sen praza obtiveron as mellores notas, senón que moitos figuran incluso como non presentados, o que sería motivo de exclusión destas listas.

11 comentarios:

Anónimo dijo...

Atención ao titular da páxina 20 da edición da Voz de Galicia do mércores 9 de xaneiro:
"Mariano Rajoi anuncia que si gana mantendrá todas las leyes socialistas ,salvo la de educación"
En definitiva derogaríase a LOE,a lei que estableceu o anticonstitucional sistema de acceso á función pública docente, que seguirá vixente nos vindeiros anos se a derrota nas urnas do mentirán de ZetaP non o evita.
!NUNCA MÁIS concursos encubertos¡
!NUNCA MÁIS oposicións roubadas¡

Anónimo dijo...

Mariano Rajoi....este tio sóname. Non era o dos hilillos de plastilina? e o que dixo que as praias non chegaba chapapoe, senon que era o aceite do barco?. E non era este tamén o da teoría da conspiración?. POis digoche eu que me ofrece unha credibilidade.

Anónimo dijo...

Mucha credibilidad no tiene. Pero sí es cierto que el PP nunca aceptó lo que sindicatos llevaban reclamando años para los interinos. Y ha sido el PSOE, con su acuerdo en 2005, el que se ha vendido a los sindicatos. Y habla un antiderecha. Nos han vendido con un sistema discriminatorio transitorio. Seguro que lo quitan, por joder a los de ahora. Además la LOE no la tragan con Educ. para la Ciudadanía. Echarían abajo la LOE y el RD de acceso.

Anónimo dijo...

Co PP vamos de mal en peor.

Anónimo dijo...

Vivides na idade de pedra.
O de esquerdas e dereitas e cousa da guerra civil e como moito da transición.
Quedade sentados agardando mentres unhas siglas de esquerda resolven os vosos problemas,que eu mirarei para quen favoreza os meus(ou me perxudique menos)teña a sigla que teña.
Por certo,si:
Rajoi e "o dos hilillos";
Zapatero "o que negociaba políticamente con ETA mentres roubaba pistolas ,chantaxeaba ,e mataba";
Touriño e "o da teoría da conspiración nos incendios forestais";
e Quintana e " o que esta metendo aos seus amiguiños nas GALESCOLAS pola porta de atras"
Ao cesar o que e do cesar.

Anónimo dijo...

O de Rajoi foi demostrado que era mentira,e o da teoría da conspiración do 11 M, tamén. O da negociación política con ETA fixerona todos, e ante un atentado parouse de negociar(non estou seguro de que Aznar parase de negociar despois dos atentados), o dos incendios si non foi unha conspiración foi moita casualidade 1000 á vez en 3 días, e o das Galescolas benvidas sexan.Si queres facer campaña electoral, ti mesmo, pero co PP estivemos antes, e bastante peor que agora.

Anónimo dijo...

Se deixásemos de perder a forza pola boca e a concentrásemos en ver cómo saír desta, mellor nos iría a todos, non credes?

Alguén de vós pensa sinceramente que algún político vai vir arranxarnos a vida? Os políticos só escoitan cando a cousa trascende, cando se fai pública e comeza a haber ruxe-ruxe na rúa.

Temos que estar unidos e, sobre todo, intentar atopar solucións. Creo que unha delas pasa por dar a coñecer AGOE en tódalas academias, informar á xente, ser cada vez un grupo máis numeroso e meter moito ruído: saír nos xornais (rodas de prensa informando do que acontece e das nosas reivindicacións), manifestacións, etc... Hai que sacarlle as cores á Consellería e aos sindicatos!!!

Somos moitos máis os descontentos que os contentos. Entre todos, permanecendo unidos e traballando xuntos cun mesmo obxectivo, creo que poderiamos acadar o que procuramos.

Anónimo dijo...

Canta desinformación:
Zp xa admitiu a persistencia da negociación despois do atentado de barajas,ao tempo que di que a economía vai ben (con datos de paro históricos e unha inflacción galopante)
No dos incendios ,non sei,puido influir que o BNG fixera o ridículo de despedir a traballadores experimentados por non saber galego correctamente,
imprescindible para apagar lumes(logo tivo que recuar).
E se estas de acordo en que as prazas nas galescolas non se saquen a oposición pública ,senon que se cubran oscuramente segundo os criterios particulares dun partido político,así vai o país.
Credibilidade non teñen nin uns nin outros,pero o certo e que solo o PP pretende derogar a LOE,cos outros agardante tres anos máis de concursos encubertos e fraudulentos.

Anónimo dijo...

Xa cansas, vai facer campaña a outro lado, pesao.

Anónimo dijo...

¿Refacer as listas de Interinos/Substitutos cada nova oposición?. ¡É que bebedes augardente polas mañás!
Non, non e non a tan grande dislate, disparate, bobada que o que a escreve seguro que pensaría o contrario de entrar el/ela en listas.
Hai que ser cafres.
P.D: Noraboa aos sindicatos CIG, FETE-UXT, CCOO ensino e ANPE.

Anónimo dijo...

Se non tes argumentos, non cómpre que sexas faltón/ona, calas e listo.
"Un é dono dos seus silencios e escravo das súas palabras"
EU ESTOU NAS LISTAS, ESTOU TRABALLANDO ACTUALMENTE E VAI PARA LONGO, E QUERO QUE SE REFAGAN.
Que por que? Porque eu quero que o meu esforzo me poida servir para poder acadar un posto mellor. Cunha oposición xusta tería a praza sobradamente, e porén teño que conformarme con estar por tras de xente que sacou notas peores cás miñas (estou substituíndo a unha persoa nesta situación) ou que incluso non se presentaron á oposición, que hai que ter pouca vergoña!
Eu teño capacidade para non ter que aceptar esmola da Consellería, que a todos nos pode saír mal un exame, pero polo menos tentalo, esforzarse. O que ocorre neste país é que un ten unha leiriña é crese un gran "terrateniente". E iso é o que pasa con moita xente que fai unha pequena substitución, está de 130 na lista e agárrase a ese posto ata "que lle toque" entrar.
Pero moitos non estamos dispostos a ter que agradecerlle á Consellería e aos vendidos sindicatos algo que está moi lonxe do que conseguimos por méritos propios e que nos foi roubado.