viernes, 27 de marzo de 2009

OUTRAS INICIATIVAS POLA IGUALDADE NAS OPOSICIÓNS AO ENSINO PÚBLICO

Deixámosvos o enderezo dunha páxina creada por un compañeiro de Andalucía que defende, coma nós, un sistema de acceso á función pública docente en igualdade, sen favoritismos, no que todos e todas teñamos que cumprir os mesmos requisitos. Este compañeiro púxose en contacto coa AGOE ao enterarse da súa existencia, pero non é o único que dende outros puntos do Estado nos escribiu para interesarse polo proxecto que emprendimos, hai xa ano e medio, desde a asociación.

SAÚDOS

http://www.oposicionesenigualdad.es/

domingo, 19 de octubre de 2008

ASEMBLEA EXTRAORDINARIA

ASEMBLEA EXTRAORDINARIA DA ASOCIACIÓN GALEGA DE OPOSITORES E OPOSITORAS DO ENSINO, A.G.O.E.
CASA DA XUVENTUDE DE OURENSE
VENRES 24
19H (19:30H EN SEGUNDA CONVOCATORIA)
TRATARANSE CUESTIÓNS FUNDAMENTAIS RELACIONADAS COA ACTIVIDADE DA ASOCIACIÓN

lunes, 29 de septiembre de 2008

ASEMBLEA XERAL DA AGOE



SÁBADO 4 DE OUTUBRO
16:30H (17H EN SEGUNDA CONVOCATORIA)
COELXIO MAIOR SAN CLEMENTE
CAMPUS SUR DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
SANTIAGO DE COMPOSTELA



Lembramos a todos os socios e socias que poden solicitar, escribindo ao mail da asociación, as notas parciais (probas A, B1, B2, e B3 nos casos nos que había práctico) das especialidades de secundaria do 2007, ás que puidemos ter acceso como consecuencia da impugnación das listas de aprobados dese proceso selectivo.




Un saúdo

jueves, 5 de junio de 2008

IMPUGNACION

A ASOCIACIÓN GALEGA DE OPOSITORES E OPOSITORAS DO ENSINO PRESENTA RECURSO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO CONTRA AS BASES DA CONVOCATORIA DE OPOSICIÓNS AO ENSINO.

A AGOE, presentou con data 4 de xuño un recurso contencioso – administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia contra a convocatoria de oposicións aos corpos de mestres/as e de profesores/as.

Para a AGOE, as bases impugnadas non se axustan nin á LOE, nin ao Regulamento que as regula (RD 276/2007), nin á normativa de Función Pública que lle é de aplicación, e moito menos aos principios constitucionais contidos nos artigos 14 e 23.2 da Constitución.
  1. Non se respectan os principios de igualdade, mérito e capacidade.
  2. A proba B2 da oposición é distinta para segundo qué opositores. Polo tanto estamos ante probas diferenciadas nunha mesma oposición.
  3. Nesta parte B2 os interinos poden acollerse a un informe de mínimos que é correxido por unha comisión de inspectores, non polo tribunal nomeado para xulgar o proceso selectivo.
  4. As distintas probas da oposición non son eliminatorias.
  5. Non se respecta o principio de transparencia ao non publicar as notas das distintas probas da oposición.
  6. Estase a computar a condición de interino doblemente: na fase oposición (ao permitirlle acollerse ao informe e opter así tres puntos sobre 10) e na fase concurso, pois os servizos prestados computan ata un 70% nesta fase.

viernes, 25 de abril de 2008

Póster

Podes descargar o póster aquí

martes, 1 de abril de 2008

E-MAILS DE APOIO

Comunicámosvos que seguimos a recibir correos de apoio ás nosas reivindicacións. Especialmente salientables son aqueles de funcionarios docentes que aprobaron cun concurso-oposición máis xusto có que nos tocou vivir.
Deixámosvos o último e-mail deste tipo que recibimos, que o propio autor nos convidou a publicar mantendo o seu anonimato, cousa que respectamos:

Moi ben mozas e mozos da AGOE, por fin unha organización de opositores libres que loita pola igualdade no acceso áo emprego público!. Parabéns por esa impugnación das vergoñentas "oposicións para a consolidación interna de interinos perpetuos e intocables" do ano pasado. Agora o que toca é que fagades o propio directmaente coa convocatoria que saquen este ano.
Podedes subir esta mensaxe á vosa web, pois son un PES por oposición libre naquel sistema, vergoñento tamén, dos anos 90.
Ánimo e adiante

lunes, 17 de marzo de 2008

SOCIOS E SOCIAS SEN E-MAIL

Compañeiros e compañeiras:

Temos constancia dos ingresos das cotas de alta de persoas que non nos enviaron o seu enderezo electrónico.
Se algún de vós non está a recibir correos informativos da asociación, que por favor nos escriba un e-mail a agoeigualdade@gmail.com e nolo comunique.

Un saúdo a todos e todas